AMARANTE Setem empaqueta co lema”pechado por financiar armas” a central do BBVA en Compostela

Acción da campaña Banca Limpa para denunciar as inversións da banca española en armamento de ‘controvertido’

bbva_compos

Armas pacíficas por unhas finanzas éticas. Ese é o principal móbil dos activistas da comisión da  asociación AMARANTE Setem para esixir a determinadas entidades e bancos unha inmediata retirada das súas inversións na industria armamentística.

Na pasada noite do venres 24, na cidade de Compostela, unha grupo de voluntarios da Comisión de Finanzas Éticas de Amarante Setem  procederon a empaquetar a oficina central do BBVA na cidade co obxectivo de denunciar a participación dunha porcentaxe dos seus activos no comercio de armas.

 

Con esta acción, enmarcada na campaña Banca Limpa, dase continuidade a unha reivindicación programada en diversas actuacións que permitan concienciar á sociedade dos graves prexuízos sociais e humanos xerados por un comercio letal como é a importación e exportación de armas.

AMARANTE Setem recorda que “numerosos conflitos bélicos están impulsados por la industria da morte, na que participan bancos e caixas de  aforros como cómplices na sombra”.

Cabe recordar que segundo o informe “Negocios Sucios. Bancos españois que financian armas controvertidas”, desde 2006 ata a actualidade, 14 bancos españois están implicados financeira e economicamente en 19 das principais empresas fabricantes de armas controvertidas e prohibidas que causan centos de miles de mortes de civís en todo o mundo. Entre esas armas hai armamento nuclear, de uranio empobrecido e armas prohibidas como as armas químicas, biolóxicas, as bombas de racimo e as minas antipersonas.

Segundo este informe o BBVA é o banco español con maior actividade en financiamento de compañías produtoras de armas controvertidas. Os fondos de investimento xestionados por BBVA posúen accións de 12 compañías e bonos de 2 compañías. BBVA concedeu préstamos a 8 compañías desde principios de 2006 e axudou a 3 compañías na emisión de bonos e a outra na emisión de accións.

Ao marxe de obrigar a un cese inminente no fomento dun mercado que vulnera os Dereitos Humanos, “desde principio a fin”, solicitan unha auditoría e revisión da ética das inversións orixinadas por empresas, bancos e institucións de moi diversa tipoloxía.

AMARANTE Setem , xunto co resto da federación Setem,  implicada nesa iniciativa de denuncia aseguran que “proseguirán con un activismo firme como medida de presión social que obrigue a un cambio de rumbo e dirección no mundo financeiro”.

You may also like...