V Semana de Acción Global contra a Débeda e as IFIs

logo_againstdebt_sp_2011

Rompamos as cadeas do endebedamento!

Manifesto da V Semana de Acción Global contra a Débeda e as IFIs

O sistema da débeda continúa facendo estragos na vida das persoas ao redor do mundo. Os pobos do Sur confrontan a diario cos impactos e as consecuencias do endebedamento financeiro dos seus países que, order lonxe de aliviarse, sildenafil aumentan coa crise e a procura de ganancias extraordinarias de parte dos capitais máis concentrados. Ademais, viagra sale continúan coa carga dunha débeda histórica, social, ecolóxica e climática impaga, que ao ritmo das falsas solucións, tamén segue incrementando.

En Europa e América do Norte, a seguridade social está a ser desmantelada en nome da austeridade fiscal, mentres que millóns de persoas non poden atopar traballo digno e os orzamentos militares crecen. Ao redor do mundo, os pobos loitan para obter a prestación de servizos públicos e dereitos básicos como a saúde, a educación, a auga, a vivenda, a previsión social, a reforma agraria e urbana, mentres os gobernos privilexian o pago do servizo dunha débeda moitas veces mal-habida. Son as bases mesmas do sistema que están a mostrar os seus falencias.

Con todo, a maioría dos gobernos xunto coas Institucións Financeiras Internacionais (IFIs) persisten na procura de «solucións» aos problemas dos nosos pobos que só os empeoran, ao colocar aos mercados financeiros e a débeda no centro da súa resposta á crise por eles mesmos provocada. En lugar de novos mecanismos de endebedamento e de perpetuar a ilexitimidade da débeda, os pobos claman polo repudio das débedas ilexítimas e odiosas, e de alternativas económicas e de financiamiento soberano e democrático que partan do respecto aos dereitos humanos e a Natureza.

Unamos as nosas forzas e digamos NON á débeda ilexítima adquirida en nome dos pobos, pero destinada a beneficiar a uns cuantos banqueiros e políticos corruptos, ás grandes multinacionais, aos intereses especulativos, á criminalización e represión contra a resistencia popular.

Os pobos do mundo demandan a rendición de contas e transparencia no manexo das finanzas publicas. Esiximos a suspensión do pago da débeda e a realización de auditorías integrais e participativas da débeda AGORA!. A protección dos dereitos humanos debe ser a prioridade dos Estados.

Rompamos as cadeas do endebedamento! para así poder traballar xuntos en cuestións centrais da vida: a erradicación da pobreza, o goce dos dereitos humanos, a defensa dos pobos e da Natureza, a soberanía política e financeira, e a construción de sistemas económico-sociais incluyentes e equitativos para todas e todos. Para construír outro mundo posible, a mobilización dos pobos é a nosa ferramenta principal.

Por iso, convocamos a facer confluír as nosas accións en todo o planeta, do 8 ao 16 de outubro, na Semana de Acción Global contra a Débeda e as IFIs.

Convidamos a todos a unirse, a maximizar a súa creatividade e a realizar todo tipo de acción apropiada para visibilizar as nosas demandas comúns e apoiar as loitas concretas. A Semana inclúe varias xornadas especiais que contribúen a fortalecer a formación de alianzas con outras loitas, movementos e redes, entre elas:

12 de outubro: Minga Global de Defensa dos Dereitos da Nai Terra e Día de Acción Global contra o Capitalismo (Asemblea de Movementos Sociais)

13 de outubro: Día de Acción Banco Mundial fose do Clima!

15 de outubro: Día de Repudio á Débeda en memoria de Thomas Sankara e Mobilización Internacional do Movemento dos Indignados/as

NON debemos – NON pagamos!

Auditoría e Anulación incondicional da débeda ilexítima!

Reparacións XA!

You may also like...