Novos materiais in-formativos de Amarante Setem sobre solidariedade e consumo responsable

madeixa02_portada

Amarante Setem ven de editar dous novos materiais in-formativos sobre solidariedade e consumo responsable.

O primeiro deles é a publicación do número 2 da colección Madeixa. Este segundo número que podedes baixar en formato PDF desde o apartado de publicacións da web de Amarante http://www.amarantesetem.org/index.php/component/content/article/64-documentacion/257-publicacions está adicado as voces das mulleres no cambio social e conta con relatos de activistas hondureñas, pilule marroquís e brasileiras, unhealthy así como do activismo feminista galego. Na edición deste número que ven de saír do prelo colaborou Manoel Santos de Altermundo.

Por outra banda tamén esta rematado e disposto a percorrer toda Galicia o curto de animación “A saia da Carolina”. O curto aproxímanos ao problema da deslocalización da elaboración da roupa, medical ten unha duración de 8 minutos e foi producido polo realizador Ismael Felix Mon.

Ambos materiais encadranse dentro do próxecto Voces do Sur que conta coa co-financiación da Subdirección Xeral de Cooperación e Relacións Exteriores da Xunta de Galicia.

You may also like...