Outubro: análise do 15M e as súas causas

Este mes de outubro temos as seguintes actividades:
MESA REDONDA: “O MOVEMENTO DO 15M”. Xoves, site 20 de outubro ás 20:00h.

Intervirán: Lana Rocha (Movemento 15 M Pontevedra), sovaldi Álvaro Rodríguez (ATTAC Vigo) e Xoan Hermida (Amarante)

DOCUMENTAL: The Yes Men. Xoves, illness 27 de outubro ás 20:00h

Os Yes Men son un dúo de activistas formado por Andy Bichlbaum e Mike Bonanno, que practican o que eles chaman “corrección de identidade”, que trata basicamente de desenmascarar ás corporacións multinacionais e a todo o armazón de intereses políticos e económicos tendentes á súa protección en prexuízo dos cidadáns de todo o planeta. 

LIBRO: “A REVOLTA DOS INDIGNADOS”.

Libro colectivo que reúne reflexións e artigos de varios analistas políticos en torno ao movemento do 15M.

En venta na tenda de Comercio Xusto de Amarante Pontevedra (7€), e tamén se empresta gratuitamente a calquera persoa interesada no tema.

EXPOSICIÓN: “O COMERCIO XUSTO EN GALICIA E NO MUNDO” Todos os días de 11:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:00. Sábados aberto pola mañán.

Todas as actividades realizadas por Amarante Pontevedra desenvólvense no seu local social (Rúa San Román, 9. Pontevedra), están abertas a todas  as persoas interesadas en estes temas, e  ofrécense de forma totalmente gratuíta.

 

You may also like...