Amarante adica o mes de Novembro á muller: discriminación histórica e loita polos seus dereitos

Co gallo da celebración do 25 de Novembro contra a violencia de xénero, try AMARANTE Pontevedra adica as súas actividade in-formativas de este mes á loita da muller polos seus dereitos, sickness coa proxección de un DOCUMENTAL galego, “Digna Rabia“, que pretende porlle voz a outras moitas mulleres que converteron a súa rabia na súa propia dignidade, a presentación do seu LIBROMulleres organizadas: polos seus dereitos, polo cambio social” e posterior CHARLA sobre o empoderamento da muller (dada por Lidia Senra), e unha EXPOSICION fotográfica sobre a realidade das traballadoras do téxtil en Marrocos…

 Boletin_mensual_Novembro.pdf : aquí podes ver con detalle as actividades de este mes

 

VIDEOFORUM coa proxección do filme: “DIGNA RABIA , este xoves, 17 de Novembro, ás 20:00h, no local social que Amarante ten na cidade de Pontevedra (Rúa San Román, 9).

SINOPSE: Este traballo cinematográfico, promovido, rodado e editado pola Universidade de Vigo e a Asociación Memoria Histórica do 36 de Ponteareas, reflicte a represión da postguerra e da ditadura a través do testemuño de 27 mulleres de tres xeracións. Políticas, sindicalistas, traballadoras, esposas e fillas transmiten no documental, a través de entrevistas, os seus testemuños como vítimas, non só da represión ideolóxica, senón tamén da machista. No documental aparecen mulleres anónimas e tamén personaxes públicos, como a única alcaldesa de Galicia durante a II República, a exconselleira Manuela López Besteiro, ou a sindicalista Lidia Senra. O documental é froito dun ano de traballo, que incluíu imaxes inéditas do arquivo do NO-DO. “Digna rabia”, traballo pioneiro no panorama audiovisual español en canto a ferramenta para profundar no perfil feminino da represión franquista, pretende porlle voz a outras moitas mulleres que converteron a súa rabia na súa propia dignidade.

 

Presentación do seu  LIBRO “Mulleres organizadas: polos seus dereitos, polo cambio social“, e CHARLA sobre o empoderamento da muller, impartida por Lidia Senra, o Xoves 24, ás 12:00 horas, na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra (Sala de Graos)

Amarante Setem ven de editar un novo material in-formativo sobre Solidariedade e Consumo Responsable: a publicación do número 2 da colección Madeixa. Este segundo número pódese baixar en formato PDF desde o apartado de publicacións da web de Amarante: http://www.amarantesetem.org/index.php/component/content/article/64-documentacion/257-publicacions.

Está adicado ás voces das mulleres no cambio social, e conta con relatos de activistas hondureñas, marroquís e brasileiras, así como do activismo feminista galego. A presentación farase a cargo da directora de Amarante, Fernanda Couñago, e dará a charla a sindicalista Lidia Senra, membro do Sindicato Labrego Galego (SLG) e da Vía Campesiña.


EXPOSICION:  “ATTAWASSOUL, realidade das traballadoras do textil en Marrocos”, n o local social de Amarante, desde o día 14 de 11h a 13:30h, e de 17h a 20h, e os sábados, aberto pola mañán.

Reflexo da realidade que viven un grupo de mulleres traballadoras en empresas do téxtil na cidade de Tánxer (Marrocos), e que pertencen á asociación Attawassoul, na que reciben formación sobre dereitos laborais, alfabetización, ocio, etc. Outro dos seus obxectivos é sensibilizar á sociedade sobre a situación laboral que están a sufrir, como adicar un mínimo de 11 horas diarias a traballar nas fábricas onde se confecciona a roupa que consumimos nos países do Norte.


NOTA: tódalas actividades realizadas por AMARANTE son gratuítas e abertas a calquera persoa que desexe in-formarse sobre temas relacionados co Ecodesenvolvemento e a Solidariedade

.

Esperamos que sexa do voso interese.

Vémonos en AMARANTE !!!

 

 

 

 

?

You may also like...