Comeza a XII edición do XANELA aberta ao Sur; achégate e participa

nicaragua

O Xanela Aberta ao Sur é un programa de Educación para o desenvolvemento e Sensibilización de AMARANTE  cuxo obxectivo principal é achegar á sociedade galega as realidades do Sur e os procesos organizativos que nelas se producen derribando estereotipos e preconceitos sobre as causas e consecuencias da pobreza. Neste ano farase un especial fincapé na perspectiva da feminización da pobreza e contaremos cunha persoa da univesidade especializada neste tema.

Durante os meses de Marzo, sale Abril e Maio levaranse a cabo catro xornadas formativas que darán paso á posibilidade de viaxar nos meses de Xullo e Agosto e convivir durante catro semanas cunha das organizacións coas que colabora Amarante:

– Movemento dos Trabalhadores Rurais sem Terra en Brasil (http://www.mst.org.br )

– MCCH en Ecuador ( http://www.fundmcch.com.ec )

– Asociación Attawassoul en Marrocos (máis información en http://amarantesetem.org )

As datas das xornadas de formación son:
1ª xornada de formación ______________ 24 de marzo
2º xornada formativa _________________ 14 e 15 de abril
3ª xornada específica _________________ 12 de maio
4ª xornada específica _________________ 26 de maio
Avaliación __________________________ 15 de setembro

Os requisitos para participar son:
– Ser maior de idade.
– Para viaxar é necesario asistir a todas as xornadas formativas.
– Pago da matrícula (20 euros se estudas ou estás no paro e 30 euros se traballas) na conta de nova galicia banco 2080-0500-59-3040046178

Atoparás máis información no noso apartado de educación ó desenvolvemento en “ liñas de traballo” ou no Blog do Xanela http://amarantesetem.org/xanela

Para inscribirte ou pedir máis información escribe a educacion@amarantesetem.org (indica no asunto: “Xanela 2012) ou nos teléfonos 986 84 81 59 – 981 58 47 13.

O prazo de inscrición vai do 6 de febreiro ao 22 de marzo.

 

 

Se aínda tes dúbidas   pincha no FAQ

Este proxecto está financiado pola Subdirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia.

You may also like...