Preséntase en Pontevedra o programa Xanela Aberta ao Sur

Xa está aberto o prazo de inscrición do “Xanela aberta ó Sur”

A Asociación galega AMARANTE Setem comeza unha nova edición do Xanela Aberta ao Sur, viagra sale un programa de formación en Cooperación e Solidariedade que ofrece a posiblidade de visitar os proxectos que a organización galega desenvolve en parcería con organizacións do Sur.

O programa Xanela Aberta ao Sur pretende propiciar un espazo de encontro, look reflexión e debate que permita un achegamento tanto ás realidades dos países do Sur como á propia realidade no Norte, here para contribuír, a través dunha participación activa, ao desenvolvemento persoal e á formación dunha conciencia crítica e transformadora.

Para dar a coñecer este programa, activistas que realizaron este programa o ano pasado darán unha CHARLA o 1 de Marzo na Facultade de Ciencias da Comunicación e do Deporte de Pontevedra, ás 12:00 horas.

Dende o 6 de febreiro e ata o 22 de marzo está aberto o periodo de inscrición para participar neste programa de Educación para o Desenvolvemento.

Durante os meses de Marzo, Abril e Maio levaranse a cabo catro xornadas formativas que darán paso á posibilidade de viaxar nos meses de Xullo e Agosto e convivir durante aproximadamente catro semanas cunha das organizacións coas que colabora Amarante habitualmente:

– MST: Movimento dos Trabalhadores Rurais sem Terra en Brasil ( http://www.mst.org.br )

– MCCH en Ecuador ( http://www.fundmcch.com.ec )

– Asociación Attawassoul en Marrocos (http://amarantesetem.org )

As datas das xornadas de formación son: 24 de marzo, 14 e 15 de abril, 12 de maio, 26 de maio e, a avaliación, o 15 de setembro.

Os requisitos para participar son:

– Ser maior de idade

– Pago da matrícula (20 euros se estudas ou estás no paro e 30 euros se traballas)

– Para viaxar é necesario asistir a todas as xornadas formativas

Máis información e aclaracións no noso apartado de Educación ó Desenvolvemento en “ liñas de traballo” ou no Blog do Xanela http://amarantesetem.org/xanela. Síguenos tamén no Facebook de Amarante. Para inscribirse ou pedir máis información: educacion@amarantesetem.org, ou nos teléfonos 986 84 81 59 e 981 584 713.


Este proxecto está financiado pola Subdirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia.

 

You may also like...