Para consumar sen nos consumir

cartaz_namoradas

O día dos namorados e namoradas debería ser un día para disfrutar da parella, rx pero este mundo consumista, order e as tendas que nos rodean eclipsan con corazóns e cor rosa o verdadeiro significado desta data. É entón cando a maioría da sociedade polo simple feito de ter unha parella vese case obrigada a mercar agasallos que moitas veces poden ter consecuencias moi graves.

Varios colectivos na cidade de Santiago de Compostela saen á rúa o día 14 de febreiro para denunciar os excesos e as consecuencias dun día onde parece máis importante consumir que amar. Amarante, diagnosis Equisol e Panxea (organizacións de comercio xusto e consumo responsable), A Gentalha do Pichel (organización social para a defensa da lingua e da cultura) e ADEGA (Asociación ecoloxista) reúnense para denunciar os excesos e consecuencias das compras desta data baixo o lema: Para consumar sen nos consumir.

Un dos máis socorridos regalos para a nosa parella pode ser unha “simple” caixa de bombóns.  Pero sabemos de onde ven ese cacao? quen o produce? como se comercializa? quen se beneficia coa súa venda? Neste negocio máis de 300.000 nenos e nenas traballan recolectando cacao  en África Occidental en condicións perigosas e de escravismo. Alén diso son poucas as multinacionais que controlan o prezo, os salarios e case a totalidade do mercado do cacao (Nestlé, Mars, Hershey Foods, Kraft e Cadburys).

Outro dos agasallos tradicionais son os ramos de flores (rosas na súa maioría). Hoxe en día milleiros de toneladas de flores abandonan cada día países pobres e explotados como son Ecuador, Colombia ou Kenia, refrixeradas en avións cara os países consumidores (Rusia, Estados Unidos e Europa). Ao mercar estas flores estamos favorecendo o emprego de pesticidas e funxicidas que  contaminan acuíferos e lagoas a miles de km de distancia. Por outra banda con esta compra tamén colaboramos coa explotación de miles de mulleres que gañan o prezo dun só ramo por un mes de traballo.

Algunhas persoas con máis poder adquisitivo optan por agasallar xoias. Dende sempre os diamantes son o símbolo do amor eterno, pero, alén de favorecer prácticas pouco sostibles como pode ser a minería a ceo aberto, tamén agochan un mundo de tráfico e irregularidades no seu comercio. Centos de millóns de dólares que xorden do comercio ilícito de diamantes en algúns países  africanos van a parar a mans da guerrilla e dos exércitos que practican o troco de diamantes por armas.  Quizais o que parece un inocente brillante nun dedo está axudando ao enfrontamento entre as tribus hutus e tutsis na República Democrática do Congo.

Co obxectivo de denunciar e concienciar á sociedade ante estas explotacións e inxustizas silenciadas, os colectivos antes citados reuniranse o día 14 de febreiro, na praza do Toural (Compostela) ás 17:00 da tarde para falar coas namoradas e cos namorados. Nesta xornada haberá degustación de chocolates,  obradoiro de flores con material de refugallo, proxección de documentais, e espazo para o debate. Preténdese dar alternativas como pode ser o chocolate de comercio xusto, as flores de comercio xusto, ou de viveiros locais e próximos ou incluso flores artesanais; a alternativa nos diamantes serán aqueles que teñan certificación da súa orixe. Outras alternativas moito máis válidas serán os agasallos non materiais como unha cea romántica, un paseo nun lugar bonito, ou escribir un lindo poema.

Consumir xusta e responsablemente é a mellor opción, pero sobre todo ter en conta que nesta data  estar namorado ou namorada e demostralo é moito máis importante que consumir!

You may also like...