Preséntase en Compostela o programa Xanela Aberta ao Sur

XA ESTÁ ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN DO XANELA ABERTA AO SUR

A Asociación galega AMARANTE Setem comeza unha nova edición do Xanela Aberta ao Sur. Un programa que de formación en cooperación e solidariedade que ofrece a posiblidade de visitar os proxectos que a organización galega desenvolve en parcería con organizacións do Sur.

Para dar a coñecer este programa, patient activistas que realizaron este programa o ano pasado darán unha charla no local de Amarante Setem en Compostela (Rúa de San Pedro, illness 67 baixo) o vindeiro 2 de marzo ás 20:30 horas.

Dende o 6 de febreiro e ata o 22 de marzo está aberto o periodo de inscrición para participar neste programa de educación para o desenvolvemento.

O programa Xanela Aberta ao Sur pretende propiciar un espazo de encontro, reflexión e debate que permita un achegamento, tanto ás realidades dos países do Sur como á propia realidade no Norte, para contribuír, a través dunha participación activa, ao desenvolvemento persoal e á formación dunha conciencia crítica e transformadora.

Durante os meses de marzo, abril e maio levaranse a cabo catro xornadas formativas que darán paso á posibilidade de viaxar nos meses de xullo e agosto e convivir durante catro semanas cunha das organizacións coas que colabora Amarante habitualmente:

– Movimento dos Trabalhadores Rurais sem Terra en Brasil ( http://www.mst.org.br )

– MCCH en Ecuador ( http://www.fundmcch.com.ec )

– Asociación Attawassoul en Marrocos (máis información en http://amarantesetem.org )

As datas das xornadas de formación son:  24 de marzo, 14 e 15 de abril,  12 de maio,  26 de maio e a avaliación, o 15 de setembro

Os requisitos para participar son:

– Ser maior de idade

– Para viaxar é necesario asistir a todas as xornadas formativas

– Pago da matrícula (20 euros se estudas ou estás no paro e 30 euros se traballas)

Tes máis información e aclaracións no noso apartado de educación ó desenvolvemento en “ liñas de traballo” ou no Blog do Xanela http://amarantesetem.org/xanela. Síguenos tamén no Facebook de Amarante.

Para inscribirte ou pedir máis información escribe a educacion@amarantesetem.org Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ou nos teléfonos 986 84 81 59 ou 981 584 713. Este proxecto está financiado pola Subdirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia.

You may also like...