¿QUEN NOS FAI A ROUPA QUE LEVAMOS? SITUACIÓN DA MULLER TRABALLADORA NO SECTOR TÉXTIL

AMARANTE Setem celebra o Día Internacional da Muller con unhas Xornadas de Concienciación sobre a Igualdade de xénero, buy viagra que se desenvolverán durante o mes de marzo na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo en Pontevedra.

O programa comprende unha serie de actividades de formación e sensibilización sobre as condicións laborais que se agochan trala produción de roupa para as grandes multinacionais, check e que afetan nomeadamente ás mulleres por ser un sector tradicionalmente feminizado.

Preténdese sensibilizar á sociedade acerca das condicións sociais e laborais das traballadoras do setor téxtil que provee ás grandes multinacionais da roupa, sovaldi promover unha reflexión crítica en torno á procedencia da roupa que compramos, e fomentar así un consumo consciente e responsable, e introducir o debate acerca da produción global e deslocalizada de roupa, así como das consecuencias ecolóxicas, sociais e humanas que esta comporta.

Mediante a presentación do derradeiro INFORME DE INVESTIGACION da Campaña Roupa Limpa A moda española en Tánxer: Traballo e superviviencia das obreiras da confección poderanse coñecer as condicións de explotación que sofren as traballadoras do téxtil en Tánxer; a EXPOSICION “100% Attawassoul” mostrará a labor da Asociación Attawassoul (Tánxer, Marrocos), na que as mulleres do téxtil reciben formación sobre o seus dereitos laborais, e co CICLO DE CINE-FORUM DOCUMENTAL promoverase a discusión acerca das consecuencias da produción masiva e deslocalizada de roupa.

Ao longo do programa contarase coa participación de Amada Traba,  profesora de Socioloxía da Universidade de Vigo, dúas responsables da Campaña Roupa Limpa (CRL): Eva Kreysler, coordinadora estatal da CRL e Fernanda Couñago, directora de Amarante Setem e coordinadora da CRL na Galiza, e Juan de Sola, xornalista de AGARESO, quenes a través da súa experiencia e coñecemento especializado complementarán a formación das persoas destinatarias…

Cartel_Xornadas_Igualdade_Universidade_tecendo_fios

Actuacións concretas con datas e lugar de realización:
? Mércores 7 de marzo:
Acto Inaugural Con Juan de Sola (xornalista de AGARESO) e Amada Traba (profesora de Socioloxía da Facultade de CC Educación e Deporte):
Lugar: Salón de Graos da Facultade de CC Educación e Deporte ás 19:00h.

Inauguración da EXPOSICIÓN “100% Attawassoul” (do 7 ao 30 de marzo, no Primeiro Andar
da Facultade de CC Educación e Deporte)

Inicio do CICLO DE CINE-FORUM DOCUMENTAL:
– Mércores 7 de marzo: proxección de “100% Mujer”.
– Xoves 15 de marzo: proxección de “China Blue”
– Xoves 22 de marzo: proxección de “Golpeados pero no vencidos”
Lugar: Salón de Graos da Facultade de CC Educación e Deporte ás 19:00h.

? Mércores 28 de marzo: Acto de clausura.
PRESENTACIÓN DO INFORME DE INVESTIGACIÓN: “A moda española en Tánxer: Traballo e superviviencia das obreiras da confección. Coa presenza de Eva Kreysler, coordinadora estatal da Campaña Roupa Limpa e Fernanda Couñago, directora de Amarante Setem e coordinadora da
Campaña Roupa Limpa na Galiza.

Lugar: Salón de Graos da Facultade de CC Educación e Deporte ás 12:00h.

You may also like...