¿QUEN NOS FAI A ROUPA QUE LEVAMOS? SITUACIÓN DA MULLER TRABALLADORA NO SECTOR TÉXTIL

AMARANTE Setem celebra o Día Internacional da Muller con unhas Xornadas de Concienciación sobre a Igualdade de xénero, pharmacy que se desenvolverán durante o mes de marzo de 2012 na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo en Pontevedra.

O programa comprende unha serie de actividades de formación e sensibilización sobre as condicións laborais que se agochan trala produción de roupa para as grandes multinacionais, e que afetan nomeadamente ás mulleres por ser un sector tradicionalmente feminizado.

Pretende sensibilizar acerca das condicións sociais e laborais das traballadoras do setor téxtil que provee ás grandes multinacionais da roupa, promover unha reflexión crítica en torno á procedencia da roupa que compramos, e fomentar así un consumo consciente e responsable, e introducir o debate acerca da produción global e deslocalizada de roupa, así como das consecuencias ecolóxicas, sociais e humanas que esta comporta.

 

Mediante a presentación do derradeiro INFORME da Campaña Roupa Limpa “A moda española en Tánxer: Traballo e superviviencia das obreiras da confección” poderanse coñecer as condicións de explotación que sofren as traballadoras do téxtil en Tánxer; a EXPOSICION “100% Attawassoul mostrará a labor da Asociación Attawassoul (Tánxer, Marrocos), na que as mulleres do téxtil reciben formación sobre o seus dereitos laborais, e co CICLO DE CINE-FORUM DOCUMENTAL promoverase a discusión acercadas consecuencias da produción masiva e deslocalizada de roupa.

Cartaz_Xornadas_Igualdade

Ao longo do programa contarase coa participación de Amada Traba, profesora de Socioloxía da Universidade de Vigo, dúas responsables da Campaña Roupa Limpa (CRL), Eva Kreysler, coordinadora estatal da CRL e Fernanda Couñago, directora de Amarante Setem e coordinadora da CRL na Galiza,e do xornalista de AGARESO Juan de Sola, quenes a través da súa experiencia e coñecemento especializado complementarán a formación das persoas destinatarias.Actuacións concretas con datas e lugar de realización:


? Mércores 7 de marzo:

Acto Inaugural con Juan de Sola (xornalista de AGARESO) e Amada Traba (profesora de Socioloxía da Facultade de CC Educación e Deporte):
Lugar: Salón de Graos da Facultade de CC Educación e Deporte ás 19:00h.

-Inauguración da EXPOSICIÓN “100% Attawassoul” (do 7 ao 30 de marzo, no Primeiro Andar da Facultade de CC Educación e Deporte)

-Inicio do CICLO DE CINE-FORUM DOCUMENTAL:
– Mércores 7 de marzo: proxección de “100% Mujer”.
– Xoves 15 de marzo: proxección de “China Blue”
– Xoves 22 de marzo: proxección de “Golpeados pero no vencidos”
Lugar: Salón de Graos da Facultade de CC Educación e Deporte ás 19:00h.

? Mércores 28 de marzo: Acto de clausura.
PRESENTACIÓN DO INFORME DE INVESTIGACIÓN: “A moda española en Tánxer: Traballo e superviviencia das obreiras da confección. Coa presenza de Eva Kreysler, coordinadora estatal da Campaña Roupa Limpa e Fernanda Couñago, directora de Amarante Setem e coordinadora da Campaña Roupa Limpa na Galiza.
Lugar: Salón de Graos da Facultade de CC Educación e Deporte ás 12:00h

Estas xornadas están subvencionadas pola Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo.

You may also like...