PRESENTACIÓN DA 2ª EDICIÓN DA PUBLICACIÓN MADEIXA, ADICADA Á MULLER E A SÚA LOITA POLOS DEREITOS

Co gallo da celebración do 8 de marzo, no rx día da muller traballadora, drugstore a organización Amarante Setem para o Ecodesenvolvemento  presenta en Compostela a publicación “Mulleres organizadas: polos seus dereitos, polo cambio social“.

Amarante Setem ven de editar un  novo material in-formativo sobre solidariedade e consumo responsable: o número 2 da colección Madeixa. Adicado ás voces das mulleres no cambio social, activistas hondureñas, marroquís, brasileiras e galegas relatan a súa experiencia coma integrantes de organizacións e movementos polos seus dereitos.

Este segundo número pódese baixar en formato PDF na seguinte ligazón: http://www.amarantesetem.org/index.php/component/content/article/64-documentacion/257-publicacions.

A presentación terá lugar no Salón de Actos da Biblioteca Pública “Ánxel Casal” en Compostela e contará coa presenza de dúas integrantes da organización Amarante Setem e  con Lidia Senra, membra do Sindicato Labrego Galego e da Vía Campesina Europa.

AMARANTE SETEM presenta a publicación Madeixa: “Mulleres organizadas: polos seus dereitos, polo cambio social“, nunha mesa-debate na que participarán Ana Rodríguez (moderadora, presidenta de Amarante Setem), Olalla Villaronga (Amarante Setem) e Lidia Senra (Sindicato Labrego Galego e Vía Campesina) o xoves 8 de marzo, ás 19:00 horas, na Biblioteca Pública “Ánxel Casal” (Compostela).

Presentación da publicación MADEIXA: “Mulleres organizadas: polos seus dereitos, polo cambio social“.

DATA: XOVES, 8 de MARZO de 2012

HORA: 19,00 horas

LUGAR: Biblioteca Pública “Ánxel Casal” (Compostela)

 

You may also like...