Análise da parte humana na moda española

buy cialis helvetica,sans-serif;”>A Campaña Roupa Limpa (CRL)*, coordinada en Galicia por AMARANTE Setem, presenta en Pontevedra a investigación A moda española en Tánxer: traballo e superviviencia das obreiras da confección que analiza as condicións de vida e traballo precarias que sofren as traballadoras nos talleres téxtiles de Tánxer que son provedores de grandes marcas internacionais (Inditex, Mango, Mayoral, El Corte Inglés… etc). A investigación realizouse a partir das viviencias de 118 obreiras, coa colaboración da Asociación marroquí Attawassol.

Celebrarase este próximo mércores 28, ás 12:00H, na Facultade de CC da Educación e do Deporte de Pontevedra, e contarase coa presenza de Eva Kreysler, Coordinadora estatal da CRL e Fernanda Couñago, Directora de AMARANTE Setem e Coordinadora da CRL na Galiza.

Este evento clausura as Xornadas de Igualdade que AMARANTE Setem ven celebrando durante todo o mes de marzo na Universidade de Pontevedra, co gallo de visualizar as discriminacións que sufren as mulleres, en concreto no sector téxtil, e reivindicar os seu dereitos.


Pódese consultar o informe completo na web de AMARANTE:

http://mail.amarantesetem.org/images/stories/documentacion/a%20moda%20espanhola%20en%20tanxer.pdf


Investigación CRL: parte da moda española fabrícase en Tánxer baixo condicións de explotación :

O informe descobre as duras condicións das obreiras de confección marroquís: exceso de horas de traballo, baixos salarios, abusos verbais e físicos, arbitrariedade na contratación e o despedimento, medidas disciplinarias desproporcionadas e obstáculos á acción sindical. As horas extras son obrigatorias e non se adoitan remunerar. Prolongan a xornada ata as 12 horas diarias, seis días á semana por salarios que non superan os 200 euros mensuais, e que, en ocasións, están por baixo dos 100 €/mes. As traballadoras máis novas, a miúdo menores de 16 anos, son consideradas aprendizas e fáiselles traballar sen contrato as mesmas horas que o resto, pero cobrando 0,36 €/hora, tres veces menos que as súas compañeiras.

Uns resultados que integran o traballo iniciado por AMARANTE Setem previamente, e que ven a completar a fotografía realizada pola investigación sobre a situación das obreiras na actualidade.

A deslocalización da confección en países como Marrocos permitiu ampliar os beneficios das grandes marcas téxtiles. Segundo o autor do informe, Albert Sales, “estas empresas teñen na súa man a capacidade, tanto de xerar situacións de explotación laboral, como de evitalas”. Moitas asumiron códigos de conduta e compromisos, pero a pesar das medidas de Responsabilidade Social Empresarial, moitas traballadoras marroquís seguen vivindo situacións de pobreza á vez que cumpren cunha xornada laboral extremadamente longa.

A CRL recorda que esta investigación céntrase en Marrocos, pero que as situacións que se describen son desgraciadamente frecuentes en moitos outros países.

Pódese consultar o informe completo na web de AMARANTE:

http://mail.amarantesetem.org/images/stories/documentacion/a%20moda%20espanhola%20en%20tanxer.pdf

————————

*Campaña Roupa Limpa (CRL): A Campaña Roupa Limpa é unha rede internacional de ONG, sindicatos e organizacións de persoas consumidoras, coordinada por SETEM, que traballa para mellorar as condicións das traballadoras e os traballadores da industria global da confección.



You may also like...