O BBVA ocupa a primeira posición no ranking

logo_bancaarmada

O Centro Delàs de Estudos pola Paz, sickness o Observatorio da Débeda na Globalización (ODG) e SETEM, sovaldi unidos na campaña “BBVA sen armas” revelan na Xunta Xeral de Accionistas que o BBVA é o banco que máis recursos dedicou ao negocio das armas.

 A campaña “BBVA sen armas” -promovida polo Centro Delás de Estudos pola Paz de Justícia i Pau, o Observatorio da Débeda na Globalización (ODG) e SETEM- participou o 16 de marzo en Bilbao e por cuarto ano consecutivo na Xunta Xeral de Accionistas do BBVA, onde entregou ao seu Presidente Francisco González, o diploma de (des)honra por ser a entidade financeira que ocupa o primeiro lugar no ranking da banca armada española.

A intervención, realizada en representación de 511.920 accións puxo en evidencia ante o Consello de Administración do BBVA e os seus accionistas, a continuada relación entre este banco español e a produción de armas en todo o mundo, algunhas tan controvertidas, como as armas nucleares, as bombas de acio e as armas de uranio empobrecido.

A pesar do diálogo establecido polas campañas “BBVA sen armas” e “Banca Limpa” co BBVA, a normativa interna de financiamento do sector Defensa é claramente insuficiente xa que se limita ao rexeitamento dalgún tipo puntual de financiamento directo e sobre o armamento xa prohibido pola lexislación internacional e nacional existente. E é que, a normativa sobre Defensa do BBVA non rectifica a súa lamentable posición de liderado no financiamento do sector armamentístico.

As ONG que promoven a campaña “BBVA sen armas” descubriron ante os accionistas da entidade financeira, que o BBVA é o banco español líder no financiamento de empresas que fabrican armamento. Os datos presentados forman parte dun informe elaborado polo Centro Delàs de estudos pola Paz, no que se recompilan as operacións de financiamento de armamento de 60 entidades financeiras que operan en España. O informe revela que o BBVA contribuíu na última década con 1.824 millóns de euros a axudar á produción e comercialización de armamento.

O Grupo BBVA é accionista e deu préstamos a empresas que producen armas, actuou como director na emisión de bonos, xestiona fondos de investimento nos que aparecen empresas produtoras de armas e financia exportacións de armamento. É dicir, o BBVA financia ás empresas de armamento de todos os modos posibles.

Esta situación dada a coñecer pola campaña “BBVA sen armas” deixa en evidencia a normativa interna sobre Defensa do BBVA, que contrasta coas súas políticas en materia de Dereitos Humanos e de medio ambiente, así como coas iniciativas voluntarias de Responsabilidade Social Corporativa ás que este banco está adherido.

 A campaña “BBVA sen armas” lanza o portal  www.bancaarmada.org no que denuncia a relación do BBVA e doutras moitas entidades financeiras españolas coa industria armamentística e outros sectores controvertidos. A nova páxina web inclúe o ranking da banca armada no Estado español. Nesta mesma web pódese comprobar que a nova entidade Kutxabank ocupa tamén o deshonesto noveno lugar.

Descarga aquí o informe http://www.bancaarmada.org/images/138_Informe11_banca%20armada.pdf

 

You may also like...