Amarante coa campaña “Para disfrutar dun bo café, non fai falla que acabe moído ninguén”

Compostela 11.04.2012

Os días 18 e 21 de abril, buy viagra a estación de Adif de Santiago de Compostela acollerá un stand de Comercio Xusto, viagra no cal os usuarios poderán coñecer de cerca en qué consiste esta alternativa comercial que ten por finalidade lograr un mundo máis xusto así como adquirir produtos de artesanía ou alimentación.

ADIF

 

Esta campaña, healing que se realizará de maneira simultánea noutras 7 estacións ferroviarias, foi organizada pola Coordinadora Estatal de Comercio Xusto en colaboración con Adif (Administrador de Infraestructuras Ferroviarias), no marco do Programa Estación Aberta.

 

En Santiago de Compostela, o stand informativo-comercial será atendido por voluntarios e profesionais da ONG Amarante-Setem. Permanecerá aberto o 18 de abril entre as 17:00 e as 19:00, e o 21 de abril entre as 12:00 e as 14:00. As outras estacións que tamén participarán son as de Pontevedra, Vigo, A Coruña, Gijón, Oviedo, Vitoria-Gasteiz e Castellón.

Desta maneira, as estacións ferroviarias únense á campaña “Para disfrutar dun bo café, non fai falla que acabe moído ninguén” coa que se pretende destacar que o Comercio Xusto beneficia aos consumidores xa que se trata de produtos de gran calidade, elaborados con materias primas naturais e a través de procesos ecolóxicos. Pero tamén beneficia ás persoas que os elaboran xa que se garanten os seus dereitos laborais e unha calidade de vida digna. Ademáis no Comercio Xusto non existe explotación laboral  infantil e promóvese a participación da muller nos órganos de decisión dos grupos produtores.

You may also like...