AMARANTE SETEM difunde o Comercio Xusto na estación de tren de Pontevedra

Os días 19 e 20 de abril AMARANTE SETEM estará na estación de Adif de  Pontevedra, sick con stands de Comercio Xusto, pharm no cal os usuarios poderán coñecer de cerca en que consiste esta alternativa comercial, unhealthy que ten por finalidade lograr un mundo máis xusto, así como adquirir produtos de artesanía ou alimentación.

Os horarios:

19 de abril entre as  11:00  – 13:30 e 17:00 – 20:00

20 de abril entre as 11:00 – 13:30 e 17:30 – 21:00

Desta maneira, as estacións ferroviarias únense á campaña “Para disfrutar dun bo café, non fai falla que acabe moído ninguén” coa que se pretende destacar que o Comercio Xusto beneficia aos consumidores, xa que se trata de produtos de gran calidade, elaborados con materias primas naturais e a través de procesos ecolóxicos. Pero tamén beneficia ás persoas que os elaboran, xa que se garanten os seus dereitos laborais e unha calidade de vida digna. Ademáis no Comercio Xusto non existe explotación laboral infantil e promóvese a participación da muller nos órganos de decisión dos grupos produtores.

ADIF

As outras estacións que tamén participarán son as de Vigo, A Coruña, Gijón, Oviedo, Vitoria-Gasteiz e Castellón.

Esta campaña, foi organizada pola Coordinadora Estatal de Comercio Xusto en colaboración con Adif (Administrador de Infraestructuras Ferroviarias), no marco do Programa Estación Aberta.

Co fin de transmitir esta idea, a Coordinadora Estatal de Comercio Xusto realizou outras actividades e materiais como un spot, cuña, anuncios para prensa e un banner. Estos poden ser descargados na web www.comerciojusto.org.

You may also like...