A Coordinadora de Comercio Xusto, ADIF e Amarante Setem unidos na difusión do comercio xusto

Stand_Vialia._Novembro_2011

AMARANTE SETEM esta semana nas estacións de tren de Pontevedra e Santiago difundindo o Comercio Xusto

Esta campaña está organizada pola Coordenadora Estatal de Comercio Xusto en colaboración con ADIF con máis puntos de difusión no resto do estado

Os días 18 e 21 de abril, viagra sale store  e o 19 e 20 de abril AMARANTE SETEM estarán nas estacións de Adif de Santiago de Compostela e de Pontevedra, salve respectivamente, con stands de Comercio Xusto, no cal os usuarios poderán coñecer de cerca en qué consiste esta alternativa comercial que ten por finalidade lograr un mundo máis xusto así como adquirir produtos de artesanía ou alimentación.

Os stands informativo-comerciais serán atendidos por voluntariado da ONG Amarante-Setem. Os horarios:

 Santiago de Compostela: 18 de abril entre as 17:00 – 19:00

                                       21 de abril entre as 12:00 – 14:00

Pontevedra: 19 de abril entre as  11:00  – 13:30 e  17:00-20:00

                    20 de abril entre as 11:00 – 13:30 e  17:30-21:00


As outras estacións que tamén participarán son as de Vigo, A Coruña, Gijón, Oviedo, Vitoria-Gasteiz e Castellón. Esta campaña, foi organizada pola Coordinadora Estatal de Comercio Xusto en colaboración con Adif (Administrador de Infraestructuras Ferroviarias), no marco do Programa Estación Aberta.

Desta maneira, as estacións ferroviarias únense á campaña “Para disfrutar dun bo café, non fai falla que acabe moído ninguén” coa que se pretende destacar que o Comercio Xusto beneficia aos consumidores xa que se trata de produtos de gran calidade, elaborados con materias primas naturais e a través de procesos ecolóxicos. Pero tamén beneficia ás persoas que os elaboran xa que se garanten os seus dereitos laborais e unha calidade de vida digna. Ademáis no Comercio Xusto non existe explotación laboral  infantil e promóvese a participación da muller nos órganos de decisión dos grupos produtores.

You may also like...