“Vaqueiros mortais”: Sandblasting Stop

derecha3

As marcas de moda seguen fornecéndose en fábricas de Bangladesh que utilizan o sandblasting, unha técnica mortal para desgastar vaqueiros

A Campaña Roupa Limpa, coordinada en Galicia por AMARANTE SETEM, presenta o novo informe ‘Vaqueiros mortais’   Vaqueros Mortais Sandblasting en Bangladesh  que demostra que nas fábricas de Bangladesh que producen roupa para a exportación ao mercado europeo séguese utilizando a técnica do sandblasting pondo en grave risco a vida das persoas traballadoras que son expostas a contraer graves enfermidades pulmonares, entre elas silicoses.

O sandblasting converteuse no método principal para o acabado da maioría dos vaqueiros que ofrecen un look ‘desgastado’. O envellecemento artificial do vaqueiro conséguese proxectando chorros de area a alta presión sobre a tea vaqueira.

A investigación de terreo revela que, a pesar de que moitas marcas internacionais como Zara, H&M, Levi’s, Diesel ou Le prohibisen a técnica do sandblasting nas súas cadeas de produción desde que se iniciase hai un ano a campaña internacional ‘Non-sandblasting’, o certo é que non parece que adoptasen as medidas preventivas e de seguridade necesarias para que a prohibición sexa efectiva.

O informe descobre que independentemente de se unha marca prohibiu ou non o uso da técnica do sandblasting séguese utilizando ‘tanto de forma manual como mecánica’ nas fábricas de Bangladesh. A investigación demostra ademais que o risco de contraer silicose non se circunscribe só á técnica manual senón tamén á mecánica, porque non se aplica o chorro de area en compartimentos perfectamente estancos, a maquinaria utilizada é vella e non existen ou non se usan os equipos de seguridade necesarios para protexer aos/as traballadores/as da inhalación de po de sílice.

As persoas traballadoras entrevistadas declararon que poden chegar a realizar quendas de até 12 horas ao día en salas cheas de po, con pouca ventilación e sen protección adecuada de seguridade. Moitas das persoas entrevistadas sufrían constantes ataques de tose e dificultades respiratorias. Tamén afirmaron que a miúdo a produción leva a cabo pola noite para evitar as visitas dos auditores. A maioría coñecía a persoas que xa enfermaran.

O informe recolle testemuños de persoas traballadoras que recibiron instrucións de utilizar sandblasting para cumprir cos prazos esixidos polas empresas clientes, aínda que estas o prohibisen expresamente. O dono dunha das fábricas declara que lle é imposible cumprir cos deseños demandados sen recorrer ao uso de sandblasting.

O informe tamén pon de manifesto a falta de atención médica proporcionada aos/as traballadores/as que contraeron a enfermidade en Bangladesh e as dificultades que existen para conseguir o diagnóstico e tratamento adecuados, en parte debido á falta de conciencia por parte dos/as profesionais médicos á hora de vincular a enfermidade de silicose coa industria de roupa.

Na maioría das fábricas investigadas ha quedado patente que a repercusión da prohibición foi irregular, a supervisión escasa e as medidas adoptadas até agora foron burladas amplamente. O informe demostra que non basta coa prohibición voluntaria das empresas para lograr que os/as traballadores/as deixen de enfermar e mesmo morrer de silicoses.

‘É alarmante que a moda siga cobrándose vidas de persoas traballadoras por desgastar vaqueiros case unha década despois de que o medicamento turco dese a voz de alarma polo elevado número de casos de silicoses entre as persoas traballadoras da industria de roupa en Turquía’, dixo Eva Kreisler, coordinadora estatal da Campaña Roupa Limpa, ‘as marcas de moda teñen aínda moita marxe de actuación para erradicar esta técnica e evitar máis mortes’.

Recomendacións:

A rede internacional Campaña Roupa Limpa expón unha serie de recomendacións que tanto as marcas como os gobernos e organismos internacionais deberían adoptar para pór fin ao uso do sandblasting na industria de roupa.

Así, as empresas deberían revisar os seus deseños e prazos de produción para permitir aos provedores cambiar a outras técnicas de acabado de vaqueiros. Tamén deberían traballar estreitamente cos sindicatos locais e organizacións de defensa dos dereitos laborais para garantir que a prohibición se respecta.

Os gobernos dos países produtores deberían prohibir o uso desta técnica e os da Unión Europea deberían introducir unha prohibición de importación dos produtos que fosen sometidos a sandblasting. Ademais, a Campaña Roupa Limpa promove que a industria de roupa sexa incluída no Programa de Erradicación Mundial da Silicose da Organización Mundial da Saúde / Organización Internacional do Traballo Internacional e a posta en marcha dun programa específico para Bangladesh.

You may also like...