Actividades na Semana do Comercio Xusto: Café con leite amargo. Fronte a PAC, Soberanía Alimentar e Comercio Xusto

Co lema Café con leite amargo. Fronte a PAC, medicine see Soberanía Alimentar e Comercio Xusto, seek a Asociación AMARANTE Setem e o SINDICATO LABREGO GALEGO organizan a Semana galega de comercio xusto cunha serie de actividades en Santiago, Pontevedra e Ribadeo para visibilizar o impacto negativo das políticas agrarias internacionais nos labregos e labregas e nas persoas consumidoras tanto no Norte, e en concreto en Galicia, como no Sur. Nesta actividade tamén participan colectivos como Verdegaia ou a Cooperativa de consumo de Pontevedra A Gradicela.

A profundización dun mercado liberal onde as políticas cómplices dos gobernos apoian ás multinacionais da industria e da distribución agroalimentaria están levando á ruína a miles de explotacións ó redor do mundo e ou mantendo na pobreza e a explotación a miles de persoas. Ademáis de favorecer alimentos pouco saudables e a degradación medioambiental en prol dos grandes beneficios coa repercusión que ten na saúde das persoas.

  Ver cartaz

 

A POLITICA AGRARIA COMUN

Nestes momentos, as institucións europeas, estatais e autonómicas están inmersas no proceso de debate para a reforma da política agraria común (PAC). É un bo momento para poñer as bases para inverter a situación e poñer en marcha unha nova no marco da Soberanía Alimentaria.

Unha PAC que respecte o dereitos de todos os pobos do mundo a decidir a súas políticas agrarias e alimentarias. Unha PAC sen dumping fronte a terceiros; unha PAC que garanta prezos remuneradores para as labregas e os labregos; unha PAC que aposte por modos de produción respectuosos co medio, por alimentos sans e de calidade e por circuítos curtos de produción.

Co café como exemplo paradigmático de produto que se produce no Sur e se consume no Norte e co leite como exemplo paradigmático de produto galego comercializado polas multinacionais, queremos sensibilizar a cidadanía galega do abuso dos mercados e demostrar a viabilidade e a posibilidade doutro mercado e comercio que respete a soberanía alimentar e o comercio xusto.

 

O CAFÉ. Convencional

É o segundo produto básico de maior comercialización mundial despois do petróleo. Só en España consúmense cada ano 200 millóns de quilos de café. Un negocio controlado por 5 grandes empresas multinacionais que xera 52.000 millóns de euros cada ano, dos que só o 10% chega aos millóns de campesiños e campesiñas que cultivan o café nas súas terras de escasas hectáreas.O seu prezo fíxase nas bolsas de Nova York e Londres. Así, por exemplo, 500 gr. de café de Etiopía pódese chegar a vender por 15 euros en establecementos comerciais de Europa, mentres que os agricultores reciben menos de 2 euros ao día polo seu traballo, un pouco máis do que nos custa unha cunca de café.Por outra banda, a Organización Internacional do Traballo estima que a man de obra infantil representa en torno ao 10% das persoas que traballan en plantacións de café.

O CAFÉ. Comercio xusto.

O Comercio Xusto garante un prezo estable aos grupos produtores e superior ao do mercado. Un estudo da Plataforma Francesa de Comercio Xusto conclúe que neste sistema alternativo os campesiños reciben un 17% do prezo de venta final, mentres que no comercio convencional é dun 5%. O Comercio Xusto garante que non se produce explotación laboral de nenos e nenas. Así mesmo, o salario e as condicións laborais son equitativos para os traballadores e traballadoras, e poténciase a participación da muller nos órganos de decisión. Por último, no Comercio Xusto as técnicas de produción son ecolóxicas, non se empregan sustancias sintéticas ou transxénicas. Deste xeito, respéctanse os ciclos da terra e a sostibilidade do ambiente.

HOXE AQUÍ CAFÉ DE COMERCIO XUSTO.

60 Cafeterías de Santiago e Pontevedra porán café de comercio xusto nos seus locais

Para dar a coñecer o café de comercio xusto, AMARANTE organizou en colaboración coa Asociación de Hostaleiros de Pontevedra, o Concello de Pontevedra e os bares e restaurantes do Barrio de San Pedro de Santiago de Compostela, servir café de comercio xusto nos seus locais no Día Internacional do Comercio Xusto, o sábado 12 de maio. As cafeterías e restaurantes que teñan este café disporán dun cartel na porta identificando a súa colaboración nese día. En total será ó redor de 60 locais entre Pontevedra e Santiago.

ACTIVIDADES QUE SE REALIZARÁN

Para visibilizar esta situación organizáronse as seguintes actividades en varias cidades galegas vencelladas o Día Internacional do Comercio Xusto na que tamén participan outros colectivos onde se exporán paneis informativos sobre as marxes das empresas da alimentación e o que se lle paga ás produtoras, exposicións, mercados transparentes de troco e conferencias:

  • MERCADOS TRANSPARENTES e MERADIÑOS DE TROCO en Pontevedra, Santiago e Ribadeo

Na que se exporán produtos locais das produtoras do sindicato labrego e produtos de comercio xusto

SANTIAGO

Sábado 5 de maio. Na Praza de San Pedro, na rúa de San Pedro

Hora: 11:00 a 20:30 horas

Acción de rúa a partir das 17:00: Elixe teu café doce ou amargo

Participan: Amarante, Sindicato Labrego e Verdegaia

PONTEVEDRA

Sábado 12 de maio. Praza de Ourense.

Participan: Amarante, Sindicato Labrego e A Cooperativa A Gradicela

RIBADEO:

Domingo 13 de maio. Praza de Abastos

Participan: Amarante, Sindicato Labrego

MESA REDONDA: Sobeanía alimentaria. Multinacionais da alimentación frente a comercio local”

Hora: 11:00-14:00 horas

  • OUTRAS ACTIVIDADES DENTRO DA SEMANA DO COMERCIO XUSTO ORGANIZADAS POR AMARANTE

 OBRA DE TEATRO en PONTEVEDRA

“Xusto o que busco”, coa compañía Clan de Bichos de Madrid

Mércores 9 de Maio, no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra.

Hora: ás 12:30 horas,

Entrada de balde.

Divertida actuación musical e teatral para achegar ó consumo responsable e o comercio xusto tanto á mocidade e como á maiores

 

  • CAFÉ DE COMERCIO XUSTO NAS CAFETERIAS O DIA INTERNACIONAL DO COMERCIO XUSTO. 12 DE MAIO

Asemade AMARANTE SETEM dentro do DIA DO COMERCIO XUSTO organizará unha campaña nas cafeterías das zonas monumentais de Pontevedra e na Rúa de San Pedro en Santiago para promover o café de comercio xusto onde un total de 60 cafeterías e restaurantes porán café de comercio xusto o 12 de maio e repartirase folletos informativos.

SANTIAGO COMPOSTELA:

Cafeterías do Barrio de San Pedro e redores.

Sábado 12 de maio todo o día

PONTEVEDRA:

Cafeterías e canal HORECA do Casco histórico de Pontevedra e redores da Praza da Ferrería

Sábado 12 de maio todo o día

 

  • CONFERENCIAS eN RIBADEO

Conferencia:A Política Agraria Común”

Conferencia: “As finanzas éticas”

Na Casa das Letras. do 14 ó 16 de maio

Hora: ás 20:30

You may also like...