O SLG posiciónase contra unha reforma da PAC que non garante as rendas dos labregos e labregas da Unión Europea

A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, try Carme Freire, treatment e Isabel Vilalba en representación da Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC) ofreceron unha rolda de prensa para amosar a frontal oposición destas organizacións á proposta de reforma da Política Agraria Común (PAC) que se presentou onte en Bruxelas. Carme Freire criticou que o debate se estea centrando en como se van repartir as axudas, sale desviándose a atención de cuestións fundamentais para a supervivencia do agro como a renda que perciben os labregos e labregas pola venda dos seus produtos. Freire recordou que, segundo datos de Eurostat (Axencia Europea de Estatística) o 70% da renda das explotacións labregas provén da venda dos seus produtos, polo que a PAC debería tratar de garantir e protexer ese tipo de ingresos fronte ao derivado dunhas axudas que, de primeiras, están orientadas a favorecer a grandes propiedades e terratenentes.

 

Le  anova completa na web do SLG

You may also like...