AMARANTE celebra en Pontevedra a Semana Galega de Comercio Xusto 2012

AMARANTE celebra a Semana Galega de Comercio Xusto centrándose na reivindicación dos dereitos d@s produtor@s do Norte e do Sur co lema

“CAFÉ CON LEITE AMARGO. Fronte á PAC, sovaldi Soberanía Alimentar e Comercio Xusto”

Entre o 5 e o 12 de maio (Día Internacional do Comercio Xusto) AMARANTE celebra a nivel nacional a Semana Galega de Comercio Xusto que, here chegada a súa XII edición, no rx reivindicará este ano o dereito a un trato ético, xusto e sostible para @s produtor@s do Norte, en concreto en Galicia, e do Sur, en contraposta ó abuso que as multinacionais están a impor coas súas condición insostibles e prezos inxustos, e para visibilizar outro modelo de comercio e consumo máis respectuoso coas persoas labregas e produtoras, co medioambiente e coa saúde.

Un ano máis, a iniciativa conta coa colaboración do Sindicato Labrego Galego e con outros grupos afíns a un consumo responsable, como a Asociación de Consumo ecolóxico “A Gradicela” en Pontevedra.

As ACTIVIDADES que AMARANTE ten previsto facer en Pontevedra son:

– OBRA DE TEATRO “Justo lo que busco”, coa compañía Clan de Bichos. Mércores 9, ás 12:30 horas. Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra

Entrada de balde. Squetches, cancións orixinais e musicais para un Comercio Xusto e un Consumo Responsable.

– MERCADO TRANSPARENTE (Praza de Ourense. Sábado 12 de Maio de 11:00 a 14:00 horas)

Nesa acción de rúa estarán presentes produtores galeg@s, e haberá VENTA e DEGUSTACIÓN de produtos de Comercio Xusto, e un Mercado de Troco, onde se poderá trocar cousas que xa non usemos por as que se ofrezan alí (libros, roupa, zapatos, xoguetes… etc)

– ACCION DE DIFUSIÓN DO CAFÉ DE COMERCIO XUSTO (Sábado 12 de Maio. Cafeterías do Casco histórico de Pontevedra e arredores da Praza da Ferrería). Pide café xusto na túa cafetería!!

A través do teatro, da música en directo e o cine, coa obra de teatro “Justo lo que busco”, AMARANTE pretende concienciar sobre o Consumo Responsable e dar a coñecer o Comercio Xusto e os seu principais obxectivos:

Salario digno para tod@s

– Igualdade de dereitos para homes e mulleres

– Non á explotación infantil

– Protección do medio ambiente

O público ó que vai dirixido é para a mocidade (maiores de 13 anos) e tamén para público adulto.

Coa celebración de un Mercado Transparente preténdese sensibilizar das diferenzas dos prezos en orixe que se lle paga @s produtoras e os precios de venta finais, e onde se informará sobre o Consumo Responsable e o Comercio Xusto.

Ademáis, aproximadamente 50 locais do Casco histórico de Pontevedra e arredores da Praza da Ferrería apoiarán un comercio máis xusto e igualitario para produtor@s e consumidor@s servindo café proveniente do canal do Comercio Xusto este sábado 12 de maio.

¡¡¡ Anímate a participar e ven celebrar que outro mundo máis xusto é posible !!!

Apoian: Concellería de Cultura de Pontevedra, a Concellería de
Promoción Económica do Concello de Pontevedra e Hostalerios Asociados de Pontevedra.

You may also like...