“Nós alimentamos oo mundo” no Ciclo de cinema

Compostela 21.05.12

ciclo_cine_230512

AV A Xuntanza, find stuff pharmacy Amarante e Verdegaia apostan polo cine como ferramenta para “Coñecer para Cambiar” problemáticas de carácter social e ambiental

O próximo mércores día 23 de maio terá lugar a segunda sesión do ciclo de cinema e debate organizado polos grupos locais das asociacións A Xuntanza, there diagnosis illness Amarante e Verdegaia en Compostela coa proxección do documental “Nós alimentamos o mundo” (Erwin Wagenhofer, pharmacy 2005).

“Filme sobre a comida e a globalización; as persoas pescadoras e agricultoras, caminoneiras e executivas corporativas; a circulación dos produtos e do diñeiro; sobre a escasez arredor da abundancia. Coas súas imaxes inesquecíbeis, o filme informa sobre a produción da nosa comida e dinos por que temos algo que ver coa fame no mundo.”

Nesta ocasión, despois da proxección, contarase coa colaboración do Sindicato Labrego Galego para a realización dunha palestra arredor das implicacións da reforma da Política Agraria Común .

O ciclo de cinema “Coñecer para Cambiar” pretende abrir un espazo para o coñecemento e a reflexión acerca de diferentes problemáticas sociais e ambientais (consumismo, industria agroalimentar, deslocalización, alimentos transxénicos, desigualdade nas relacións comerciais entre países do norte e do sur, deslocalización, explotación laboral, etc), empregando a linguaxe audiovisual para achegar estas realidades ao público en xeral. Coñecer e comprender as causas dos problemáticas sociais que nos afectan, representa o primeiro paso cara a unha mudanza persoal e social, motivo polo cal preténdese ofrecer á cidadanía compostelá un espazo para o intercambio de ideas e inquedanzas, nun clima ameno e distendido.

A proxección terá lugar no local da Asociación Veciñal A Xuntanza (Corredoira das Fraguas 37 baixo, Barrio de San Pedro) o día 23 de maio ás 20:30h, a entrada será de balde e até completar aforo.

Para máis información contactar con:

– Sonia (AV A Xuntanza) 619 241 653. Mail: soigca@gmail.com

– Raquel González (Amarante Setem) 696 122 542. Mail:  raquel.lanegraflor@gmail.com

– Beatriz (Verdegaia). Mail: bea_c.glez@yahoo.es

You may also like...