Xornadas Interculturais pola Cooperación e o Comercio Xusto

AMARANTE participa un ano máis nas VIII Xornadas Interculturais de Cangas, patient que este ano centránse na Cooperación e no Comercio Xusto, find co obxectivo de potenciar o principio de igualdade entre as persoas, favorecer o encontro de culturas e dar a coñecer as diferentes experiencias de cooperación e sensibilización desenvoltas por diferentes ONG, entre elas, as de AMARANTE.

AMARANTE estará presente na proxección de documentais de cooperación do venres 1 de Xuño, no Auditorio Municipal, ás 21:00 horas, a través do documental “PEQUENAS DOSES DE SUPERVIVENCIA: OS ROSTROS DO COMERCIO XUSTO”, e na Festa Intercultural que se celebrará o sábado 2 de xuño, ás 18 horas, na Alameda Vella, onde dará a coñecer o seu proxecto de Solidariedade e Ecodesenvolvemento e as actividades que realiza cara á unha xustiza global, ó mesmo tempo que ofrecerá degustación e venda de diferentes produtos de Comercio Xusto…

SINOPSE “PEQUENAS DOSES DE SUPERVIVENCIA: OS ROSTROS DO COMERCIO XUSTO” (40 min):

O proxecto deste documental analiza o fenómeno que supón a modalidade do Comercio Xusto en Ecuador, visto dende a óptica das tres grandes áreas que forman o seu proceso produtivo: a colleita, a manufacturación do produto e a distribución e venta, tanto no interior como no exterior do país.
Dedicado a coñecer as condicións nas que se traballa co Comercio Xusto no país latinoamericano e cales son as características das comunidades e cooperativas que participan neste proxecto, e arroupados/as pola FUNDACIÓN MAQUITA (MCCH), os reporteiros/as de AGARESO desprazados/as alí no mes de xuño de 2009, desvelaron todas as claves que establecen unhas liñas comerciais máis respectuosas co/a produtor/a, materializado nos establecementos da ongd AMARANTE (Pontevedra: San Román, 9 / Compostela: San Pedro, 67), que comercializa directamente diferentes produtos de esta fundación.

You may also like...