Exposición “NON TE CONSUMAS”

04/06/2012

A organización galega AMARANTE Setem PRESENTA en Compostela a súa última exposición “NON TE CONSUMAS, doctor na Biblioteca Pública Ánxel Casal, shop o próximo luns 4 de Xuño ás 18:30 horas.

A inauguración correrá a cargo de persoas integrantes do grupo local de AMARANTE en Compostela e será acompañada dunha degustación de produtos de comercio xusto e da proxección de curtas e documentais en torno ao consumo responsábel e o comercio xusto.

A temática da exposición “NON TE CONSUMAS“: O CONSUMO RESPONSÁBEL

Esta exposición, elaborada por AMARANTE no 2011, fai un percorrido sobre o modelo de consumo actual e as súas consecuencias, para ir dando pasos cara outro modelo de consumo máis xusto e responsábel.

Entre os temas que trata a exposición encóntranse as desigualdades no consumo, a contaminación, a explotación dos recursos naturais e a presentación de alternativas como o comercio xusto, as finanzas éticas e o consumo responsábel na alimentación e na roupa.

INAUGURACIÓN da exposición “NON TE CONSUMAS”:

DATA e HORA: Luns 4 de Xuño, ás 18:30h.

LUGAR: Biblioteca Pública Ánxel Casal (Compostela)

– Para máis información:

Olalla Villaronga

compostela@amarantesetem.org

981 584 713

 

 

You may also like...