Exposición “NON TE CONSUMAS”
Compostela, site 04/06/2012
A organización galega AMARANTE Setem PRESENTA en Compostela a súa última exposición “NON TE CONSUMAS“, na Biblioteca Pública Ánxel Casal, o próximo luns 4 de Xuño ás 18:30 horas.
A inauguración correrá a cargo de persoas integrantes do grupo local de AMARANTE en Compostela e será acompañada dunha degustación de produtos de comercio xusto e da proxección de curtas e documentais en torno ao consumo responsábel e o comercio xusto.
A temática da exposición “NON TE CONSUMAS“: O CONSUMO RESPONSÁBEL
Esta exposición, elaborada por AMARANTE no 2011, fai un percorrido sobre o modelo de consumo actual e as súas consecuencias, para ir dando pasos cara outro modelo de consumo máis xusto e responsábel.
Entre os temas que trata a exposición encóntranse as desigualdades no consumo, a contaminación, a explotación dos recursos naturais e a presentación de alternativas como o comercio xusto, as finanzas éticas e o consumo responsábel na alimentación e na roupa.
INAUGURACIÓN da exposición “NON TE CONSUMAS”: DATA e HORA: Luns 4 de Xuño, ás 18:30h. LUGAR: Biblioteca Pública Ánxel Casal (Compostela) – Para máis información: Olalla Villaronga 981 584 713 |