En Xuño, obradoiro de CONSUMO RESPONSABLE e CURTAMETRAXE en AMARANTE Pontevedra

OBRADOIRO de “CONSUMO RESPONSABLE E CONSTRUCCIÓN DE ALTERNATIVAS AO MODELO DE CONSUMO ACTUAL ”, stuff onde ademáis se fará a presentación da CURTAMETRAXE galega “A SAIA DE CAROLINA”

DATA:  Venres 22, site de 18:00 a 21:00 horas

LUGAR:  Local social AMARANTE Pontevedra (Rúa San Román, 9)

No OBRADOIRO traballarase e reflexionarase sobre o modelo de consumo que temos e as súas consecuencias, para promover actitudes e accións de consumo responsable, tanto a nivel individual como colectivo.

Entre as cuestións que serán tratadas no obradoiro inclúense os conceptos de “desenvolvemento sustentable” e “consumo responsable, as implicacións do modelo de consumo actual sobre o medio ambiente e as persoas, nomeadamente no eido da alimentación e da produción téxtil; mais tamén serán tratadas as alternativas vixentes a este modelo, e as accións que calquera persoa pode implementar no seu día a día para tentar non ser cómplice.

A CURTA GALEGA DE ANIMACIÓN “A SAIA DE CAROLINA” ( 7min.) está enmarcada no traballo da Campaña Roupa Limpa (CRL) de información e denuncia da situación do sector téxtil internacional, e combina imaxes reais de documentais que reflexan a dura realidade social e laboral das mulleres que traballan para as grandes marcas internacionais de roupa coas que nos vestimos.

A inscripción é de balde, máis é precisa inscrición previa nos teléfonos: 653 553 540 / 986 848 159 ou no enderezo electrónico: mar_mrt@hotmail.com

You may also like...