OBRADOIROS de “CONSUMO RESPONSABLE E CONSTRUCCIÓN DE ALTERNATIVAS AO MODELO DE CONSUMO ACTUAL ” EN PONTEVEDRA E SANTIAGO ABERTO Á TODALAS PERSOAS INTERESADAS

Tendo en conta o actual modelo de consumo predominante na nosa sociedade froito do sistema socioeconómico no que estamos inmersos, que promove o expolio dos recursos naturais e antepón os beneficios económicos ao respecto aos dereitos das persoas e dos pobos cremos necesaria unha reflexión e análise das consecuencias que ten o noso xeito de consumir no noso contorno próximo e no máis lonxano. O modelo non é sustentábel nin ecolóxica nin socialmente.

 

Pensamos que a reflexión e a formación de conciencia crítica é indispensable para que sexan posibles accións colectivas alternativas ao modelo actual de produción, comercialización e consumo de bens.

Con dito motivo organizamos unha serie de obradoiros para traballar colectivamente este tema que iniciaron en Vigo e neste mes de xuño continúa en Santiago e Pontevedra.

A inscripción é de balde, máis é precisa inscrición previa:

En Santiago:

Luns, 11 de xuño na Biblioteca Pública Ánxel Casal de 17:00h-20:00 horas

Para inscribirse:

compostela@amarantesetem.org

TF: 981584 713

En Vigo:

Luns, 18 de xuño no Centro Cívico de Teis de 16:30-20:00 horas

Para inscribirse:

vigo@amarantesetem.org

En Pontevedra:

Venres, 22 de xuño no Local Social de Amarante de 18:00-21:00 horas

Para inscribirse:

mar_mrt@hotmail.com

TF: 986 848159

Entre as cuestións que serán tratadas no obradoiro inclúense os conceptos de desenvolvemento sustentábel e consumo responsábel, as implicacións do modelo de consumo actual sobre o medio ambiente e as persoas, nomeadamente no eido da alimentación e da produción téxtil; mais tamén serán tratadas as alternativas vixentes a este modelo e as accións que calquera persoa pode implementar no seu día a día para tentar non ser cómplice. Estes obradoiros están dentro do proxecto Voces do Sur financiado pola Xunta de Galicia.

You may also like...