AMARANTE sae á praza: MERCADO TRANSPARENTE en Pontevedra

illness helvetica,sans-serif;”>AMARANTE Pontevedra celebrará un MERCADO TRANSPARENTE na Praza de Ourense (ó lado da Peregrina), este sábado 21 de Xullo, das 11h ás 14h.

Con este evento, AMARANTE quere facilitar o acceso a unha alternativa sostible ó sistema de consumo no que estamos (no que, maioritariamente, se explota ás persoas produtoras, denigra o médio ambiente e despreza a saúde e a intelixencia das persoas consumidoras), ofrecendo e informando sobre outros produtos que respetan os dereitos das persoas e o medio ambiente, como son os produtos de Comercio Xusto provenientes dos países do Sur (por exemplo, o azucre de cana ou panela, cafés, chocolates, arroces, quinoa, cous-cous…) e os produtos frescos e envasados galegos (verduras, produtos lácteos, mel… ), vendidos directamente polas persoas produtoras.

Tamén se celebrará ó mesmo tempo un MERCADO DE TROCO, para que poidas “conseguir aquilo que precises a cambio do que xa non usas”. Hai que lembrarse de levar algo para cambiar por outra cousa que poida interesar (libros, roupa, xoguetes… etc), xa que nesta actividade NON se usa o diñeiro como material de intercambio, se non que se entrega un ben, que xa non se use e que sexa todavía perfectamente útil para outra persoa, a cambio de outro que se precise.

Participarán neste mercado o Grupo de Consumo Responsable de Pontevedra “A Gradicela” e o  Sindicato Labrego Galego (SLG), que colaborarán con AMARANTE dando información sobre as características de este tipo de consumo, ético e consciente, e as diferentes alternativas ás que podemos acceder como consumidoras e consumidores responsables.

MERCADO TRANSPARENTE é aquel mercado en que todas as persoas que interveñen nel (produtoras, intermedarias e compradoras) teñen a máxima información sobre as condicións do mesmo, e esa información é igual e veraz para todas”.

You may also like...