En AMARANTE SETEM seguimos apostando por un Consumo Responsable asequible como alternativa a un sistema comercial inxusto

Cartaz Amarante mantén os prezosSeguindo a nosa liña de facilitar produtos sans e respetuosos coas persoas e co medio ambiente, sale AMARANTE Setem decide NON subir os prezos finais dos seus produtos de Comercio Xusto nas súas tendas, nen a clientes maioristas, como resposta á subida do IVE a principios de Setembro.

Mostramos o mais enérxico desacordo con políticas que gravan as condicións das persoas en vez de buscar a súa mellora e benestar, sexan do Sur ou do Norte, como neste caso. E o que nos parece mais grave, que perante os desmáns do sistema financeiro e dos bancos, e a falta de control e responsabilidade dos gobernos, ten que ser a cidadanía a que sufra as consecuencias e pague a débeda xerada por outros. Neste caso, cunha nova subida dos prezos a tódolos níveis.

 

Con este esforzo de asumir o IVE e non repercutilo nos prezos, AMARANTE expresa o seu compromiso con todas as persoas que, coma ti, realizan un Consumo Responsable, e que esperamos poder manter no tempo mentras teñamos unha marxe mínima para a supervivencia da organización, nesta época tan difícil economicamente para as persoas.

E facemos este esforzo porque sodes moitas as persoas fieis ó Comercio Xusto e á nosa organización!!

Sabemos que como consumidor e consumidora responsable que eres, procuras mercar produtos naturais e xustos, tanto para as persoas que os producen como para as que os consumimos, e que ademais non danan o medio ambiente.

Por iso, te animamos a que o sigas facendo, e que continues apoiándonos nesta aposta por transformar a nosa sociedade. Continúa comprando nas nosas tendas*, agora máis que nunca, para que poidamos seguir ofrecendo durante moito tempo este tipo de produtos éticos, que están cambiando e mellorando a vida de millóns de persoas en todo o mundo; e, polo tanto, a nosa tamén.

En AMARANTE facemos todo o que está na nosa man para que a sociedade sexa cada vez máis xusta, igualitaria e responsable, e facémolo posible contigo!!

Moitas gracias por todo… e neste caso, por darnos o ánimo para seguir loitando polo cambio deste sistema de consumo.

You may also like...