Encontro sobre débeda. 6 de outubro nos locais de “A Xuntanza”, Barrio de San Pedro. Compostela

A trampa da débeda externa, ambulance sickness tan denunciada nos países do Sur, cialis e as súas consecuencias, xa está aquí.

Pola súa experiencia, sabemos que os cartos aforrados nos recortes e  a través dos nosos impostos, non irá prioritariamente a cubrir todos os nosos servizos sociais senón ao pagamento da débeda. Por qué? É real esa débeda? É lexítima?

A experiencia máis recente a temos en Portugal ou Grecia, que cos novos plans de axuste estrutural e programas de austeridade, controlados por organismos externos a estes países, son un bo espello onde mirarse.

Ás portas do rescate do Estado español, financiado polo Fondo Monetario Internacional (FMI) e deseñado pola Troika Europea, gustaríanos ter un encontro con todos os colectivos e persoas interesadas neste tema.

O obxectivo é poder encontrarnos, entender como funciona a débeda, saber que iniciativas se están a realizar dende as organizacións sociais,  como a iniciativa da Plataforma pola Auditoría Cidadá, e ver se hai un interese por parte de todas as persoas por traballar este tema conxuntamente, dende o ámbito local ou nacional.

 

Por iso propomos:

Encontro sobre débeda o sábado 6 de outubro en horario de 10:00 – 14:00 horas nos locais da Asociación Veciñal “A Xuntanza” no Barrio de San Pedro, Compostela

O encontro está aberto tanto a colectivos como persoas interesadas.

Asistirán tamén dúas persoas da Rede Estatal sobre Débeda e da Plataforma de Auditoría Cidadá da Débeda.

Os puntos serían:

  1. Palestra. Entendendo a débeda.
  2. Presentación da iniciativa: Plataforma de Auditoría Cidadá da Débeda. Non debemos non pagamos!
  3. Traballo por grupos: Que facemos ou que podemos facer dende os nosos colectivos? O traballo en rede.

Para facilitar a organización do Encontro, agradeceríamos que nos cubrades esta enquisa sobre intereses, capacidades e confirmación de asistencia. Só vos levará 1 minuto!

Enquisa

Data límite luns 1 de outubro.

Grazas pola vosa participación!

You may also like...