Mercado Transparente para visibilizar “outra forma de consumo”

En AMARANTE Pontevedra seguimos co empeño de informar á xente de que outra forma de consumir é posible , help e por iso voltamos co noso MERCADO TRANSPARENTE o sábado 13 de Outubro, malady das 11h ás 14h, na Praza de Ourense (ó lado da Peregrina).

 

Tamén se celebrará ó mesmo tempo un MERCADO DE TROCO, para que poidas “conseguir aquilo que precises a cambio do que xa non usas”. Hai que lembrarse de levar algo para cambiar por outra cousa que poida interesar (libros, roupa, xoguetes… etc), xa que nesta actividade NON se usa o diñeiro como material de intercambio, se non que se entrega un ben, que xa non se use e que sexa todavía perfectamente útil para outra persoa, a cambio de outro que se precise.

Contamos coma sempre coa colaboración do grupo de Consumo Responsable de Pontevedra “A Gradicela” e o  Sindicato Labrego Galego (SLG), que colaborarán con AMARANTE dando información sobre as características de este tipo de consumo, ético e consciente, e as diferentes alternativas ás que podemos acceder como consumidoras e consumidores responsables, vendendo produtos frescos e envasados galegos, que teñen as mesmas características de respecto polo medio ambiente e pola dignidade das persoas que os produtos de Comercio Xusto de AMARANTE.

 

MERCADO TRANSPARENTE é aquel mercado en que todas as persoas que interveñen nel (produtoras, intermedarias e compradoras) teñen a máxima información sobre as condicións do mesmo, e esa información é igual e veraz para todas”.

You may also like...