Apoiando iniciativas sociais de transformación para un mundo máis xusto: Mercado Solidario en Marín

AMARANTE Pontevedra participa no Mercadillo Solidario de Marín coa presentación da Exposición “Non Te Consumas”, buy viagra un stand de venta e información de produtos de Comercio Xusto e a organización de un Mercado de Troco con produtos de roupa, libros, xoguetes…, onde se poderá facer intercambio de bens de segunda man.

Este Mercadillo Solidario, que se inspira no lema “Reciclar+Reutilizar+Regalar”, está organizado pola Asociación de Mulleres O Abeiro de Marín, co obxectivo de dar a coñecer outras formas de consumo máis responsables e sostibles, ofrecendo a oportunidade de mercar produtos de artesanía e alimenticios directamente ás persoas produtoras, ou accedendo a outros bens de segunda man no posto do Troco de AMARANTE e en outros postos de compra e venta do Mercadillo Solidario. Levarase a cabo no fin de semana do sábado 27 e o domingo 28 de Outubro, en horario de 18 a 21 horas o primeiro día, e de 11 a 21 horas o segundo, no Multiusos da Praza de Abastos de Marín.

Cartaz_Mercadillo_Marn

EXPOSICIÓN “NON TE CONSUMAS”:

A presentación da mesma farase este mércores 24 de outubro, ás 18 horas, no Multiusos da Praza de Abastos de Marín, e correrá a cargo de un dos seus creadores, Xulio Troitiño, voluntario de AMARANTE en Pontevedra, quen explicará o seu contido facendo un percorrido polas distintas partes que a forman. Permanecerá no lugar ata a finalización do Mercadillo Solidario, o domingo 28 de Outubro.

Esta exposición, elaborada por AMARANTE no 2011, fai un percorrido sobre o modelo de consumo que temos e as súas consecuencias, para ir dando pasos cara outro modelo de CONSUMO RESPONSABLE. Así, dun xeito máis incisivo, ou a través de consellos, faise unha reflexión para mudar hábitos e ir cara un mundo máis xusto, solidario e sostible.

Entre os temas que trata están as desigualdades no consumo, a contaminación, a auga, a enerxía, o transporte, a reciclaxe, o consumo responsable, o comercio xusto, as finanzas éticas, a alimentación e a roupa.

Durante a presentación, ofrecerase unha pequena degustación para as persoas asistentes ó acto, con produtos de Comercio Xusto, para degustar e saborear unha das alternativas de consumo que propón esta exposición.

You may also like...