Acción urxente

image_previewO pasado 11 de Setembro morreron case 300 traballadores/as no incendio que arrasou a fábrica de roupa Ali Enterprise en Paquistán. O eco mediático pasou pero as familias das vítimas e as persoas que resultaron feridas (moitas delas ao tirarse desde a azotea da fábrica) aínda esperan respostas.

A rede internacional Campaña Roupa Limpa lanzou un chamamento urxente para que KIK, a empresa alemá que subcontrataba a produción de vaqueiros en Ali Enterprise, indemnice ás familias das case 300 persoas que morreron no incendio e ás que resultaron feridas. Coa túa firma aumentará a presión internacional e estaremos moito máis preto de conseguir indemnizacións xustas para as vítimas.

Asina aquí:

http://www.ropalimpia.org/es/firma-accion/72/presiona-a-kik-para-que-indemnice-a-las-v-ctimas-del-incendio-de-pakist-n

¡Moitas grazas!

You may also like...