Difundindo o Comercio Xusto na estación de tren de Pontevedra

AMARANTE estará unha vez máis na estación de Adif de Pontevedra este xoves 8 e venres 9 de Novembro, there case pilule en un stand de produtos de Comercio Xusto que será atendido por persoas voluntarias e profesionais da organización, healing facilitando así que as persoas poidan coñecer de preto esta respetuosa alternativa comercial e tamén adquirir produtos de alimentación, sickness cosmética ou artesanía de calidade, sostibles e éticos.

O posto informativo-comercial permanecerá aberto entre as 11 e as 13:30 horas pola mañán, e entre as 17 e as 20 horas pola tarde.

A través desta iniciativa, as persoas que acudan á estación ferroviaria atoparán produtos elaborados en 40 países de América Latina, África, Asia e Galicia baixo os criterios do Comercio Xusto, é dicir, as persoas campesiñas e artesáns reciben un salario digno, tanto eles como elas, e realizan o seu traballo en condicións laborais adecuadas; ademais, non existe explotación laboral infantil e os procesos de produción son respectuosos coa contorna natural. Con todo iso, esta alternativa comercial busca combater a pobreza e favorecer o desenvolvemento dos pobos.

Entre os artigos de Comercio Xusto, pódense atopar produtos de alimentación, cosmética e hixiene, papelería, complementos, bixutaría, roupa ou xoguetes.

Esta campaña, que se realizará de maneira simultánea noutras 12 estacións ferroviarias de 8 comunidades autónomas, foi organizada pola Coordinadora Estatal de Comercio Xusto en colaboración con Adif (Administrador de Infraestruturas Ferroviarias), no marco do Programa Estación Aberta.

Para máis información sobre esta actividade, e o Comercio Xusto en xeral, poden consultar a web www.comerciojusto.org ou na web de www.comercioxusto.com

You may also like...