Revista Nº 2: “Tecendo outra economía: a Economía Social e Solidaria”

“Unha economía máis xusta, sick sickness democrática e sostible xa existe: a Economía Social e Solidaria”

Soligariedade_N2_Portada_escaladaOs tempos que nos tocaron vivir non son nada alentadores. A pesar disto, store numerosas experiencias en todo o mundo demostran que é posible facer unha economía baseada nas necesidades das persoas, health e os valores da solidariedade, a xustiza, a equidade, a cooperación, a participación e o coidado do medio ambiente. Falamos da Economía Social e Solidaria (ESS).

Co número 2 da revista Soligariedade, en AMARANTE Setem queremos mostrar que hai outras moitas maneiras de xestionar a sociedade e a contorna que non se basean no modelo capitalista. Trátase dunha economía que garante, ademais de rendibilidade económica, impactos sociais e ?????? ????????? ???????? medioambientais positivos. En AMARANTE Setem levamos moito tempo traballando e propoñendo as alternativas do Comercio Xusto e a Banca Ética. Agora damos un paso máis para enmarcar estas propostas nun marco máis grande, que ocupa todos os sectores produtivos e toda a cadea de traballo, no movemento da Economía Social e Solidaria.

Nesta revista, froito do traballo de varios Setem, poderás ler os casos dalgunhas experiencias que o confirman, e informan sobre o que podes facer ti neste entorno de xustiza social.

Entre os artigos atoparás que aporta a Economía Social e Solidaria, a confrontación de modelos, o punto de vista de Mango e o de a Cooperativa Teixidors, o mapa do mundos das alternativas, ou o caso concreto do traballo de Faces do Brasil.

Todo isto e máis se clicas neste enlace, onde tamén te podes baixar a revista en pdf.

Boa lectura!

You may also like...