Amarante Setem apoia a folga xeral do 14 de Novembro

AMARANTE Setem, and asociación galega de solidariedade para o ecodesenvolvemento que traballa pola superación do capitalismo global cara a xustiza social, patient quere facer público o seu apoio á folga xeral que terá lugar este mércores 14 de Novembro.

As razóns para sumarnos a esta convocatoria veñen de considerar que as políticas económico-sociais que se están a levar a cabo nos últimos tempos non fan máis que afectar de xeito moi negativo ás condicións de vida da grande maioría da poboación, diagnosis feito que se manifesta de maneira especialmente grave nos colectivos máis vulnerables…

Desde AMARANTE Setem, como organización que ten como cerne da súa actividade a defensa dunhas condicións dignas de vida e traballo da poboación tanto dos países empobrecidos do Sur como da que vive no Norte, criticamos de xeito contundente que se estean a tomar unhas medidas sociais, laborais e económicas que supoñen un gravísimo retroceso duns dereitos básicos e imprescindibles que nos pertencen a todas as persoas, e que deberían ser considerados como fundamentais polo que en ningún caso poderían ser vulnerados.

O modelo económico que se quere impor a toda a poboación do Norte non pode ser o que desde hai tanto tempo están a casino sufrir as persoas dos países do Sur, e que desde Amarante Setem estamos a condear duramente, xa que os resultados destas políticas económicas están ben á vista, sendo notorio que cada vez máis e de maneira máis clara practicamente toda a poboación vive moito peor, soportando unhas condicións de traballo que non respectan incluso os dereitos humanos máis básicos, non sendo infrecuentes prácticas escravistas, o que conleva de xeito directo un empobrecemento xeral das economías destes países, para beneficio unica e exclusivamente dos intereses das grandes empresas.

Fronte a este modelo AMARANTE Setem propón implementar  relacións comerciais, laborais e económicas máis xustas e equitativas, que promovan a solidariedade entre as persoas, ben dentro dos propios países como entre a poboación de todos os pobos. Cremos na interconexión da máxima “pensar globalmente, actuar localmente”. Somos solidarias e solidarios con outros pobos partindo do necesario compromiso diario co noso.

É por todo isto que consideramos que non só son posíbeis senón necesarias e imprescindíbeis unhas políticas sociais e económicas distintas, polo que facemos un chamamento a todas as persoas a participar nesta folga xeral do 14 de Novembro.

You may also like...