En Novembro, produtos xustos na praza

AMARANTE Pontevedra celebrará un MERCADO TRANSPARENTE na Praza de Ourense (ó lado da Peregrina), mind este sábado 17 de Novembro, troche das 11h ás 14h.

Participarán neste mercado o Grupo de Consumo Responsable de Pontevedra “A Gradicela”, o Sindicato Labrego Galego (SLG) e máis produtoras/es galegas/os que colaborarán con AMARANTE vendendo os seus produtos naturais, frescos e envasados e dando información sobre as características de este tipo de consumo, ético e consciente e as diferentes alternativas ás que podemos acceder como consumidoras e consumidores responsables.

Tamén se celebrará ó mesmo tempo un MERCADO DE TROCO, para que poidas “conseguir aquilo que precises a cambio do que xa non usas”. Hai que lembrarse de levar algo para cambiar por outra cousa que poida interesar (libros, roupa, xoguetes… etc), xa que nesta actividade NON se usa o diñeiro como material de intercambio.

AMARANTE quere facilitar o acceso a produtos que se atopan dentro de unha alternativa sostible ó sistema de consumo no que estamos (no que, maioritariamente, se explota ás persoas produtoras, denigra o médio ambiente e se despreza a saúde e a intelixencia das persoas consumidoras), ofrecendo e informando sobre outros produtos que respetan os dereitos das persoas e o medio ambiente, como son os produtos de Comercio Xusto provenientes dos países do Sur (azucre de cana ou panela, cafés, chocolates, arroces, quinoa, cous-cous, infusións…) e os produtos locais galegos (verduras, produtos lácteos, mel…), vendidos directamente polas persoas produtoras.

MERCADO TRANSPARENTE é aquel mercado en que todas as persoas que interveñen nel (produtoras, intermedarias e compradoras) teñen a máxima información sobre as condicións do mesmo, e esa información é igual e veraz para todas”.

Vémonos na praza!!

You may also like...