O Comercio Xusto asegura a protección dos dereitos da infancia.

Con motivo do 20 de novembro, cialis Día Mundial dos Dereitos da Infancia, sovaldi as organizacións de comercio xusto queremos lembrar que na produción de artigos deste sistema comercial alternativo NON se explota a nenos e nenas.

dia-infancia-def

Desta maneira, ed as organizacións de Comercio Xusto destacamos a importancia de coñecer a procedencia e condicións nas que se elaboraron os artigos que consumimos e, desta maneira, evitar situacións que violan os dereitos da infancia.

A finalidade do Comercio Xusto é combater a pobreza dos pobos máis desfavorecidos de América Latina, África e Asia. Ademais da ausencia de explotación infantil, os outros criterios que o definen son o pago dun salario adecuado aos traballadores, o mesmo para eles e elas pola mesma tarefa, condicións de traballo dignas, e a protección da contorna natural.

Por exemplo, dos chocolates e cacaos que comemos…

Para obter 450 gramos de chocolate fan falta 400 vainas de cacao. Por esta razón, xerouse un incremento do traballo infantil e mesmo a escravitude en países como Mali, Burkina Faso, Benin e Togo. En 2001, a Organización Mundial do Traballo, entre outros, reportou escravitude infantil en moitas granxas de cacao en Costa do Marfil, fonte do 43% do cacao mundial.

O Comercio Xusto ofrécenos a posibilidade de optar por produtos alimenticios producidos en condicións de dignidade laboral e respecto ambiental.

Aquí tés máis información sobre o Comercio Xusto de AMARANTE, e aquí sobre o Comercio Xusto en España.

You may also like...