Nova traxedia no téxtil en Bangladesh con 111 persoas falecidas pola neglixencia criminal das multinacionais que producían neste fábrica

bd20121125-aljazeeraO incendio producido esta fin de semana na fábrica do téxtil Tazreen Fashion en Dacca (Bangladesh), que producía para grandes multinacionais, é o derradeiro dunha xa longo historial de accidentes con víctimas mortais neste sector.

Esta fábrica no que morreron 111 persoas e hai centos de feridas está sita na Zona de Procesamento de Exportacións de Dacca, e producía roupa para C&A, Carrefour, KIK e Walmart segundo a propia web da fábrica. 

 

Este derradeiro incendio segue un patrón de neglixencia por parte das grandes marcas, no que levamos xa máis de 500 vítimas dende o 2006, dende o momento no que deciden traballar con estas fábricas sabendo nas condicións de precariedade nas que se atopan, e ao non abordar á cuestión de seguridade sinaladas nos anteriores incendios e demandas dende os distintos sectores, e isto failles responsables doutra tráxica perda de vidas, o que equivale a unha neglixencia criminal.

Dende Amarante, como membro da rede Roupa Limpa, nos sumamos ás demandas da Campaña Roupa Limpa, ós sindicatos e organizacións de dereitos humanos locais para esixir unha investigación independente sobre as causas do incendio e que se abra xa un proceso de indemnizacións ás vítimas e as súas familias.

Acordo de Seguridade contra incendio nas fábricas do textil en Bangladesh

Asemade, dende hai máis dun ano a Campaña Roupa Limpa xunto con sindicatos de Bangladesh e internacionais e outras organizacións de defensa dos dereitos laborais asinamos un “Memorando de Entendemento para a Seguridade nás fábricas en Bangladesh” que establece un plan de traballo que inclúe entre outros elementos, inspeccións independentes, formación e creación de comités de traballadores sobre temas de saúde e seguridade na que estarían as marcas internacioanais, fabricantes, sindicatos, governo e organizacións sociais.

Ata ó de agora sólo dúas marcas asinaron este acordo Tchibo e Tommy Hilfiger.

Neste país son 4.500 fábricas as que fornecen ás grandes marcas de roupa en na que case o 90% das personas que traballan son mulleres, xerando uns ingresos millonarios, namentras as traballadoras cobran 25-30 euros ó mes e no que agora tamén perden á vida no seu traballo. No que podemos falar doutro xeito de violencia de xénero.

Se se quere evitar traxedias como a de Bangladesh no futuro, as marcas de roupa e os comerciantes polo miúdo deben asumir a responsabilidade de mellorar as condicións laborais nas fábricas de todos os países onde se fornecen, facendo respectar as normas internacionais do traballo e traballando coas representantes das traballadoras e traballadores.

AMARANTE pertence á Campaña Roupa Limpa (CCC por sus siglas en inglés) dende hai 7anos. A CRL traballa para mellorar ás condicións laborais e apoiar o empoderamento das persoas traballadoras na industria global da confección. A CCC opera en 15 países de Europa e está formada por unha rede de 250 organizacións de todo o mundo

You may also like...