CONsumARTE: Amarante Setem inicia o seu programa formativo sobre Consumo Responsable e Teatro de Rúa

AMARANTE Setem inicia o seu programa formativo sobre consumo responsable e teatro de rúa que se desenvolverán nas distintas cidades de Galicia. Este curso está pensado para adquirir, dunha banda, un coñecemento sobre o impacto do actual modelo económico e de consumo e o seu impacto na sociedade e as alternativas que existen máis achegadas ós dereitos das persoas e os seus pobos. Doutra banda, tamén adquiriranse ferramentas prácticas de cómo visibilizar esta situación á sociedade a través do teatro de rúa. Para dita formación contaremos coa presenza de distintas organizacións especializadas nestes temas e a actriz e monitora de teatro Esther F. Carrodeaguas.

 

Este primeiro curso, dos tres que se realizarán, será en Compostela entre os días 11 e 16 de decembro.

11 e 12 de decembro

Formación teórico-práctica sobre o consumo responsable de alimentación, roupa e finanzas.

Centro Sociocultural de Conxo (17 a 21h)

 

14, 15 e 16 de decembro

Formación de teatro de rúa

Aprendizaxe de ferramentas úteis para a creación libre de accións escénicas reivindicativas. Con Esther f. Carrodeguas.

Centro Sociocultural de San Lourenzo (venres e sábado de 17 a 21h e domingo, mañá e tarde con horario a convir coas persoas participantes)

 

Prazo de inscrición aberto até o 13 de decembro.

Envía os teus datos (nome, apelidos e correo electrónico):

compostela@amarantesetem.org

Cota de participación:

– 8€ para socias ou activistas de AMARANTE Setem.

– 15€ para persoas alleas á organización

 

  Ver o cartaz

Clica aquí para ver a ficha técnica da formación:

You may also like...