AMARANTE en Decembro: a Economía Solidaria, un modelo fronte a crise

troche helvetica, thumb sans-serif;”>AMARANTE Setem presenta en Pontevedra a súa campaña de Nadal que, store este ano, baixo o título “A Economía Solidaria, un modelo fronte a crise”, quere achegar á cidadanía outro xeito de consumo e outra maneira de entender a economía que supón a mellor alternativa para se enfrontar á crise económica, social e ambiental que estamos a vivir.

No contexto actual de crise do sistema, recortes sociais e explotación do medio ambiente e das persoas, hai moitas outras maneiras de xestionar a sociedade e a contorna. Hoxe existen miles de prácticas económicas que operan cunha racionalidade diferente do capitalismo, poñendo a economía ao servizo das persoas, e non ao revés, e que xurden como unha seguridade de supervivencia en tempos de crise e que logo se consolidan máis alá desta situación.

Para achegar todas estas iniciativas de éxito da Economía Solidaria, propoñer outro modelo de consumo en Nadal e promover agasallos solidarios, en Pontevedra realizaremos estas actividades:

PRESENTACIÓN – MESA REDONDA DO LIBRO: “Miradas globais para outra economía” (Casa das Campás-Rúa don Filiberto, 9-. Venres, 14 de Decembro. 20h):

Este libro presenta o éxito de 15 experiencias de Economía Solidaria en todo o mundo: 5 do estado español, 5 de África e 5 de América Latina.

Queremos mostrar iniciativas e experiencias de éxito que demostran que non solo é posible unha economía diferente guiada por valores como a xustiza, a solidariedade, a participación, a cooperación, a comunidade e a sustentabilidade, senón outro xeito de consumo que se enfronta ó modelo e á lóxica capitalista. Exemplos de éxitos de cooperativas de producción que nacen como froito da crise dunha empresa, redes de cooperativas labregas, creación de pequenas empresas de reciclaxe, os beneficios a través das redes de comercio xusto ou outros modelos de consumo enerxético.

Na presentación do Miradas Globais en Pontevedra contaremos con algúns/as protagonistas do libro, que nos explicarán o funcionamento, características e resultados da súa actividade:

– Fiare, “a banca ética”, David Muñiz de Fiare

– Som energía, “cooperativa de produción enerxía verde”, Ramón Carmelo

– Amarante Setem, “os beneficios do comercio xusto”, Eva Blanco


MERCADO TRANSPARENTE E DE TROCO (Pza. de Ourense. Sábado 22 de Decembro, de 11 a 14 horas):

Xunto con AMARANTE, produtores e produtoras galegas do Sindicato Labrego Galego e outras organizacións de Consumo Responsable realizarán un mercado transparente, onde as persoas consumidoras terán acceso directo a produtos de fresco e envasados elaborados de xeito artesanal. Asemade, AMARANTE ofertará produtos de Comercio Xusto elaborados por artesáns doutros países baixo criterios do respecto ó medio ambiente, salarios dignos, igualdade e non explotación infantil.

Porque en AMARANTE cremos que outras maneiras máis xustas de vivir son posibles, e encantaríanos contar contigo para levalas a cabo!!!

You may also like...