Catálogo de “Ideas para compras xustas”

AMARANTE Setem elaborou un catálogo para promover agasallos de comercio xusto que leva por nome “Ideas para compras xustas”.

amarante_cestasO obxectivo desta iniciativa é mostrarlle á cidadanía que existe toda unha inmensa variedade de produtos de calidade e a prezos asequíbeis que respectan os dereitos humanos e o medio natural, sick e que son unha alternativa para aquelas persoas que no Nadal queren facer as súas compras de maneira consciente.

Entre os exemplos temos:

– Cestas de produtos de alimentación tanto de Galicia como doutros países: cafés, try chocolates, azucre, pastas…

– roupa e téxtiles, ou artesanías: tanto galega (as camisolas “Rosinha Recicleira”) como a proveniente da cooperativa de mulleres de Chiapas

– Artesanía, bolsos e monedeiros de plástico reciclado, xogos de café, inciensos, decoración e fogar…

FAI UN REGALO INTANXIBLE E SOLIDARIO

AMARANTE tamén recomenda un regalo intanxible e solidario: unha participación de seis meses no seu proxecto de Solidariedade e Ecodesenvolvemento, onde a persoa agasallada recibe un regalo de benvida, información periódica sobre o mundo da Solidariedade e un 10% de desconto nas tendas de Amarante durante esos seis meses.

 

  Mira o catálogo 

Todos estes produtos poden conseguirse nas tendas de AMARANTE Setem:

Compostela na Rúa de San Pedro, 67.

Pontevedra na Rúa San Román, 9.

 

 

 

You may also like...