A nova publicación ‘Miradas globais para outra economía’ en galego, xa está dispoñible nas tendas de AMARANTE Setem

portada_miradasA nova publicación ‘Miradas globais para outra economía’ da que participou AMARANTE Setem xa podedes atopala nas tendas de Amarante ou descargala en pdf na nosa web. Este libro é froito dun longo traballo de reflexión e loita no que se recollen experiencias de éxito de Economía Social e Solidaria en todo o mundo.

A publicación ‘Miradas globais para outra economía’ analiza a situación actual da economía mundial e expón a posibilidade de que a economía solidaria se converta nunha alternativa ao capitalismo. O libro mergúllanos na historia de quince experiencias de Economía Social e Solidaria, que relatan prácticas de éxito: cinco africanas, cinco americanas e cinco do estado español. Neste libro atopamos os exemplos do Comercio Xusto, as finanzas éticas, a produción biolóxica e orgánica, as empresas recuperadas e autoxestionadas, o turismo responsable, a organización cooperativa e asociativa, o traballo en rede da economía popular, o consumo responsable…, é dicir, “unha infinidade de experiencias dispostas a retomar vellas bandeiras como as da xustiza social e a participación democrática, e novas bandeiras como a equidade de xénero e a protección do ecosistema”.

A publicación está editada en castelán, catalán, francés e galego, e foi realizada coa colaboración da Axencia Española de Cooperación Internacional (AECID).

Podes atopalo en galego nas tendas de AMARANTE, ou clicando aquí para baixalo en pdf.

You may also like...