Colabora con nós

Nacen novos grupos de traballo en AMARANTE SetemPA130025

Estamos a organizar grupos de traballo específicos sobre accións concretas que imos desenvolver nos vindeiros meses. Se tes interese nunha destas actividades e queres participar, search podes facelo de xeito electrónico ou presencial, aportando ideas ou o teu coñecemento específico sobre esta materia, deseñando un cartaz, organizando unha actividade…

Estes son os novos grupos de traballo:

Encontro MST: Organizaremos o Encontro Europeo de Amigos do Movemento dos Sem Terra do Brasil e traballaremos temáticas como a soberanía alimentar, a PAC casino online poland (Política Agraria Común) ou o agronegocio.

Contacta en: solidariedade@amarantesetem.org

Roupa Limpa: traballaremos a presión ás grandes marcas de roupa como Inditex, organizaremos concertos de solidariedade e accións urxentes de apoio ás traballadoras do téxtil, accións de rúa e traducións de materiais

Contacta en: roupalimpa@amarantesetem.org 

Comercio Xusto: charlas en centros de ensino, difusión de exposicións,  búsqueda de novos produtos e ampliación de mercado para a distribuidora e a tenda de comercio xusto, participar en Feiras e organizar a Semana Galega de comercio xusto, que este ano está adicada á muller.

Contacta en: cxusto@amarantesetem.org


Se non podes participar pero queres apoiar á nosa organización tamén podes apoiarnos economicamente ou facerte socia a través da nosa web: Asóciate!

You may also like...