Ábrese o prazo de inscrición do XANELA ABERTA AO SUR’13

Viaxes solidarias a Brasil, ed diagnosis Ecuador e Marrocosxanelaimaxe

A Asociación galega AMARANTE Setem comeza a súa XII edición do Xanela Aberta ao Sur, programa que permite coñecer de primeira man o traballo de cooperación entre  organizacións que loitan pola xustiza social, e visitar e compartir o seu traballo durante os meses de verán, en Brasil, Marrocos e Ecuador.

O período de inscrición será dende 1 de febreiro ata o 14 de marzo.

Para coñecer máis de preto esta experiencia, as persoas que viaxaron o verán pasado realizarán unha serie de palestras durante os meses de Febreiro e Marzo.

As datas das charlas son:

–   Ribadeo: Venres, 8 febreiro. Na tenda – bar de produtos ecolóxicos “Amodiño”. Ás  19:00h.

–     Pontevedra: Sábado, 16 febreiro. Local de Amarante.(R/San Román,9). Ás 18.00h.

–    A Coruña: Xoves, 21 de febreiro.Galería Sargadelos (Rúa Real, 56). Ás 19:00h.

–     A Guarda: Sábado, 2 marzo. No Centro Social Fuscallo.  Ás 20:00h.

–     Compostela: Mércores 6 de marzo. Biblioteca Ánxel Casal. Ás 19:30h.

O programa formativo contará: de 4 xornadas formativas que darán paso á posibilidade de viaxar nos meses de Xullo e Agosto e convivir durante catro semanas cunha das organizacións coas que colabora Amarante habitualmente:

– Movimento dos Trabalhadores Rurais sem Terra en Brasil ( http://www.mst.org.br )

– MCCH en Ecuador ( http://www.fundmcch.com.ec )

– Asociación Attawassoul en Marrocos (máis información en http://amarantesetem.org )

As datas das xornadas de formación son: 16 de marzo, 6 e 7 de abril,  20 de abril, 25 de maio e a avaliación, en setembro.

Os requisitos para participar son:

– Ser maior de idade

– Para viaxar é necesario asistir a todas as xornadas formativas

– Pago da matrícula (20 euros para estudantes e desempregadas, e 30 euros se traballas)

Para inscribirte ou pedir máis información:

educacion@amarantesetem.org (este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo),  ou nos teléfonos 986 848 159 ou 981 584 713

Máis info:

No Blog do Xanela: http://amarantesetem.org/xanela.

Síguenos tamén no Facebook. 

Xanela Aberta ao Sur pretende propiciar un espazo de encontro, reflexión e debate que permita un achegamento, tanto ás realidades dos países do Sur como á propia realidade no Norte, para contribuír, a través dunha participación activa, ao desenvolvemento persoal e á formación dunha conciencia crítica e transformadora.

Este proxecto está financiado pola Subdirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia.

 Folleto Xanela.pdf

You may also like...