Preséntase o Xanela aberta ó Sur en Pontevedra

Acábase de abrir o prazo de inscrición do Xanela Aberta ó Sur 2013, unhealthy xanelaimaxe o programa de Educación para o Ecodesenvolvemento que AMARANTE realiza tódolos anos, healing e que che permite coñecer de primeira man o traballo de cooperación entre organizacións que loitan pola xustiza social e visitalas en Brasil, help Marrocos ou Ecuador para compartir o seu traballo durante os meses de verán.

E para que vexas e escoites algunhas das experiencias, convidámoste a vir a unha das charlas de difusión que realizarán algunhas das persoas que viaxaron co Xanela a estos países o ano pasado:

 

– PRESENTACION DO XANELA ABERTA Ó SUR 2013 EN PONTEVEDRA –

Sábado 16 de Febreiro, ás 18:00 horas

Local de Amarante (R/ San Román, 9)

O período de inscrición será dende o 1 de febreiro ata o 14 de marzo, e podes facelo a través do correo educacion@amarantesetem.org, ou nos teléfonos 981 584 713  / 986 848 159.

Podes ver máis información aquí, ou no Blog do Xanela.

E tamén podes descargar o folleto.

“O proxecto educativo do Xanela Aberta ao Sur pretende propiciar un espazo de encontro, reflexión e debate que permita un achegamento, tanto ás realidades dos países do Sur como á propia realidade no Norte, para contribuír, a través dunha participación activa, ao desenvolvemento persoal e á formación dunha conciencia crítica e transformadora

Vémonos en AMARANTE !!!

You may also like...