AMARANTE Setem presenta o vídeo sobre as Viaxes Solidarias “Xanela Aberta ao Sur”

A Asociación galega AMARANTE Setem presenta o vindeiro día 16 de febreiro en Pontevedra o vídeo sobre o programa de educación ao desenvolvemento Xanela aberta ao Sur.

A presentación do vídeo, pills prescription no que persoas que participaron en edicións anteriores do programa Xanela, relatan as súas vivencias coñecendo e convivindo noutros países con persoas vinculadas as organizacións Attawassoul (en Marrocos), MCCH (en Ecuador) e o Movimento dos Sem Terra (no Brasil) terá lugar este sábado 16 de febreiro ás 18:00 horas na tenda – local social de AMARANTE Setem (Rúa San Román, 9. Pontevedra), no marco das palestras de difusión que Amarante vén realizando para dar a coñecer o programa.

Xanela Aberta ao Sur pretende propiciar un espazo de encontro, reflexión e debate que permita un achegamento, tanto ás realidades dos países do Sur como á propia realidade no Norte, para contribuír, a través dunha participación activa, ao desenvolvemento persoal e á formación dunha conciencia crítica e transformadora. Este proxecto está financiado pola Subdirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia.

You may also like...