AV A Xuntanza, Amarante e Verdegaia presentan o ciclo de cinema “Coñecer para Cambiar”, que este ano contará coa primeira edición do concurso de curtas “Filmar para cambiar”.

O próximo mércores día 20 de febreiro comeza en Compostela o ciclo de cinema e debate “ Coñecer para Cambiar ” que as asociacións A Xuntanza, view Amarante e Verdegaia veñen realizando nos últimos anos.

Con esta actividade preténdese abrir un espazo para o coñecemento e a reflexión acerca de diferentes problemáticas sociais e ambientais (consumismo, medio ambiente, banca ética, etc), empregando a linguaxe audiovisual para achegar estas realidades ao público en xeral e promover o intercambio de ideas e inquedanzas, nun clima ameno e distendido.

Todas as proxeccións do ciclo terán lugar o terceiro mércores de cada mes dende febreiro até maio no local da Asociación Veciñal A Xuntanza (Corredoira das Fraguas, 37) ás 20h.

A entrada será de balde e até completar aforo.

Ademais, este ano os colectivos organizadores dan inicio á primeira edición do concurso de curtas  “Filmar para Cambiar” . Até o 30 de abril as persoas interesadas en participar poderán enviar as súas curtas, que serán proxectadas no derradeiro día do ciclo, o 22 de maio. A curta gañadora do concurso será elexida ese mesmo día por votación do público.

Descargar o   formulario de inscrición do concurso de curtas

Podes consultar aqui as  bases do concurso de curtas

Descarga o cartaz de “ Coñecer para Cambiar

Descarga a  programación do ciclo de cinema

Para máis información:

– Sonia (AV A Xuntanza) 619 241 653. Mail: soigca@gmail.com

– Raquel González (Amarante) 696 122 542. Mail: raquel.lanegraflor@gmail.com

– Beatriz (Verdegaia). Mail: bea_c.glez@yahoo.es

You may also like...