RASTRO DE ARTESANIA E ROUPA DE COMERCIO XUSTO

AMARANTE Pontevedra celebrará un RASTRO de produtos de artesanía e roupa de Comercio Xusto a prezos de liquidación, para que todas as persoas que estén sensibilizadas con un consumo responsable poidan acceder máis facilmente a este tipo de produtos éticos, de elevada calidade e sostibles medioambientalmente, xa que na súa elaboración respetáronse os dereitos laborais e sociais das persoas traballadoras, e están feitos con materias primas naturais e baixo criterios ecolóxicos que respectan o medio ambiente.IMG_0192_copia_web

Este rastro celebrarase este sábado 2 de marzo na Praza de Ourense, entre as 11:00 e as 18:00 horas, e poderase atopar artesanía feita con materias primas naturais dos países de orixe (India, Senegal, Vietnam, Ecuador, Nepal, Chile…), impregnada da cultura e da arte das comunidades produtoras: textiles, bisutería, cerámica, roupa de texidos naturais, inciensos, decoración…

AMARANTE BAIXA PRECIOS, NON DEREITOS!!

Porque a dignidade das persoas traballadoras non se pode reducir, nen o pago xusto polo seu traballo, nen a calidade dos seus produtos, nen se pode limitar a defensa do medio ambiente, AMARANTE reduce no único elemento que hai para seguir mantendo todos os criterios do Comercio Xusto: a súa marxe de beneficio, en pro de unha maior accesibilidade de este tipo de produtos para a maioría da xente, que desde hai tempo está vendo mermado o seu poder adquisitivo.

Ó mesmo tempo, tamén se celebrará un Mercado Transparente, conde se porán á venta produtos de alimentación que respetan os dereitos das persoas e o medio ambiente, como son os produtos de Comercio Xusto provenientes dos países do Sur e os produtos frescos e envasados galegos, ofrecidos directamente polas persoas produtoras.

Participarán neste mercado o Grupo de Consumo Responsable de Pontevedra “A Gradicela” e o Sindicato Labrego Galego (SLG).

“¡¡Comercio, non axuda!! O que os países menos desenvolvidos necesitan para saír da pobreza é un comercio basado en relacións xustas e equitativas”

You may also like...