O XOVES 14 DE MARZO REMATA O PRAZO DE INSCRICIÓN DO XANELA ABERTA AO SUR’13 Viaxes solidarias a Brasil, Ecuador e Marrocos

xanelaimaxeA Asociación galega AMARANTE Setem comeza a súa XII edición do Xanela Aberta ao Sur, for sale que permite coñecer de primeira man o traballo de cooperación entre as organizacións que loita pola xustiza social e visitar e compartir coas organizacións de Brasil, pharm Marrocos e Ecuador o seu traballo durante os meses de verán.

O programa formativo consta de 4 xornadas formativas que darán paso á posibilidade de viaxar nos meses de Xullo e Agosto e convivir durante catro semanas cunha das organizacións coas que colabora Amarante habitualmente:

 

O período de inscrición remata o 14 de marzo

As datas das xornadas de formación son: 16 de marzo (Compostela), prostate 6 e 7 de abril (Palas de Rei), 20 de abril (Compostela), 25 de maio (Compostela) e a avaliación en setembro.

Os requisitos para participar son:

– Ser maior de idade

– Para viaxar é necesario asistir a todas as xornadas formativas

– Pago da matrícula (20 euros se estudas ou estás no paro e 30 euros se traballas)

Tes toda a información para inscribirte clicando aqui: http://amarantesetem.org/images/stories/xanelafolleto.pdf

Máis información en: educacion@amarantesetem.org

Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo Teléfonos 986 84 81 59 ou no 981 584 713 

Blog do Xanela http://amarantesetem.org/xanela.

Facebook: http://www.facebook.com/pages/Amarante-Setem/

Xanela Aberta ao Sur pretende propiciar un espazo de encontro, reflexión e debate que permita un achegamento, tanto ás realidades dos países do Sur como á propia realidade no Norte, para contribuír, a través dunha participación activa, ao desenvolvemento persoal e á formación dunha conciencia crítica e transformadora. Este proxecto está financiado pola Subdirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia.

 

You may also like...